lunes, 12 de septiembre de 2016

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2016-2017

Xa estamos de volta, abrimos as portas e as fiestras a este novo curso, para que entre  con aire puro e renovado, como cantan os versos de Celso Emilio Ferreiro:



O aire puro da mañá proclama
o seu dereito a entrar en cada casa.
Ábrelle as portas, patria!
Dálle os teus seos, alma!
Deixa ese tufo acedo que te abafa,
esquece estas mortallas,
estiña as túas bágoas,
fala,
canta.



Así pois, poñámonos a falar, cantar, e continuar a abrirlle as Portas á lingua, sendo portadores do galego para agora e para o futuro.


Desde o EDLG do CPI As Mirandas,  feliz volta ao cole!!!!




martes, 28 de junio de 2016

LECTURAS NO MAR E NA MONTAÑA

"Nunca é cedo para compartir un libro cos nenos. Se agardamos a que saiban ler para facelo é coma se esperásemos a que souberan falar para falarlles" Penélope Leach.
Aquí tedes algúns libros que vos poden resultar interesantes para este verán, aínda que están agrupados por idades trátase dun criterio flexible, se che apetece ler un libro para máis pequenos, faino, e se es quen de ler un para nenos maiores... por que non proporlle aos teus pais que o lean contigo?
Disfruta lendo e disfruta do verán.

viernes, 24 de junio de 2016

XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS DE ARES

Este curso, os nenos e nenas de 5º e 6º fixeron unha boa recolleita de xogos populares e tradicionais de Ares, preguntándolle ás súas familias e veciños a que xogaban cando eran pequenos. E aquí tedes algúns dos xogos que máis lles gustaron.


 

Tamén quixeron ser partícipes desa transmisión da tradición, ensinándolles eses xogos aos máis pequenos/as de primaria.


miércoles, 15 de junio de 2016

ABRAIO, UNHA CURTA FEITA NO NOSO COLE PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA DE SIGNOS

ABRAIO, que é Abraio?. É un intento de amosar as nosas capacidades, independientemente das diferentes características que nos forman como persoas. O obxectivo desta curta é precisamente mostrar esas igualdades e diferenzas que poden existir no día a día de dúas persoas: identidade, cultura, tradicións, valores…

Quizáis non seredes quen de ver tódolos pequenos detalles que aparecen en ABRAIO por iso, as veces… é necesario volver a empezar. Estade atentos que COMEZAMOS!


domingo, 12 de junio de 2016

jueves, 9 de junio de 2016

QUE GOZADA A SINFÓNICA DE GALICIA!!!

O pasado 3 de xuño a sociedade filarmónica de Ferrol, cedeunos dez entradas gratis para asistir a un concerto ofrecido pola orquestrra sinfónica de Galicia no auditorio de Ferrol. Disfrutamos de obras tan coñecidas como a 5ª sinfonía de Beethoven ou a suite Peer Gynt.

A próxima vez, animámosvos a que non o perdades!


jueves, 2 de junio de 2016

GAÑADORES PREGUNTÓN

Xa temos gañadores/as da edición do Preguntón deste curso académico. Parabéns a todos eles e por suposto a todos e todas os/as que participáchedes nesta nova edición. En breve daremos a data da entrega de premios.

RESPOSTAS DA 5ª SEMANA DO PRTEGUNTÓN

AQUÍ TEDES AS RESPOSTAS DESTA ÚLTIMA SEMANA

domingo, 29 de mayo de 2016

NA GALA DE ENTREGA DE PREMIOS OLLOBOI 2016


Onte asistimos á Gala de premios do Festival audiovisual Olloboi. 234 foron os traballos presentados este ano. Nós quedamos finalistas en dúas categorías.  Aínda que non gañamos, viñemos moi contentas cos nosos dous diplomas de finalistas e ledas por compartir unha xornada na que puidemos asistir nos Asteleiros Triñanes ao visionado da película Crebinsky  e ter ocasión de charlar co seu protagonista , Miguel de Lira e co seu  director, Enrique Otero.  A continuación asistimos á Gala  de entrega de premios conducida por  Xoán Antonio Touriñán, Federico Pérez y Sabela Arán, gala que gañou por goleada á final da Champions League.  
Para o ano máis!!!!





martes, 24 de mayo de 2016

FINALISTAS CONCURSO " DESEÑA O LOGOTIPO DO TEU COLE"

Como establecían as bases do concurso, a comisión seleccionadora reuniuse esta mañá para elixir as 3 propostas finalistas. Mañá mércores 25 de maio poderedes votar durante a mañá en horario escolar  os rapaces e persoal do centro e pola tarde de 16:30 a 18:00 os pais e nais.  
Aquí tendes as 3 opcións coas súas correspondentes explicacións para que poidades examinalas e elixir a vosa favorita.
Queremos agradecer ao alumnado, ás súas familias e ao profesorado a participación neste certame ao que se presentaron 24 propostas, ¡¡ todo un éxito ¡¡

Agora só queda elixir o que será a imaxe corporativa do noso cole así que .... ESPERÁMOSVOS O MÉRCORES ¡¡

LOGO 1
"Tipografía limpa, firme e moderna que, en conxunto coa será que sostén os papeis e lápiz como simboloxía da educación apuntan unha imaxe de progresión e alto nivel educativo e mestura os valores tradicionais coa innovación do mundo actual, Asi mesmo, a cola e o corpo da serea forman o inicio da palabra " Mirandas ". Correspóndese así coa lenda."

LOGO 2

" O logo está formado por 2 círculos. Escollinos porque un círculo non ten principio nin fin, polo que representa o eterno, o infinito. No interior do círculo pequeño, debuxei As Mirandas, a Miranda grande e a Miranda pequena. Sobrevoándoas hai unha gaivota, habitante privilexiada destas rochas. De fondo puxen unha posta de Sol acompañada dunha suave brisa que levanta unas pequeñas ondas. Todos estes elementos naturais impregnan o logo cunha sensación de tranquilidade e paz que nos animan a afrontar un novo día, un novo reto"


LOGO 3

"Representa un sol cunha onda, coma se fose a Praia"