Hoxe tivemos a visita de Andrea e Sara ex-alumnas do noso cole e, aproveitando a súa visita, quixeron presentarnos as novidades do tempo de cara a este fin de semana que comeza. Aquí vos deixamos coa previsión. Moitas grazas rapazas.
jueves, 28 de abril de 2016
lunes, 25 de abril de 2016
OS CASTELOS, POLOS NENOS E NENAS DE 4º A DE EP.
Seguimos cos traballos que
levamos a termo no proxecto sobre a Idade Media. Agora son os nenos e nenas de
4º A os que nos falan sobre os castelos, auténticas fortalezas dos nobres e que
servían como defensa propia e das vilas
que del dependían. A continuación podedes ver o magnífico traballo realizado
polo grupo de 4º A.
Parabéns para todos eles e elas.
jueves, 21 de abril de 2016
CONCURSO : DESEÑA O LOGOTIPO DO TEU COLE
A ANPA en colaboración coa Dirección do CPI Conde de Fenosa,
convocan o concurso para o deseño do logotipo destinado a ser a imaxe
representativa do noso centro unha vez aprobado polo Consello Escolar,
Concello, visto bo da Inspección e pendente de aprobación por parte da
Consellería o cambio do nome do centro polo de CPI “AS MIRANDAS”.
Nos seguintes arquivos podedes consultar as Bases do
Concurso e o Anexo I para a inscrición.
lunes, 18 de abril de 2016
PREGUNTÓN SEMANA 1
Comezamos xa!!!!!. Aquí tedes as preguntas desta primeira semana. Acordádevos que tedes ata o luns da semana que ven para depositar as respostas na furna correspondente. Ánimo e moita sorte!!!
sábado, 16 de abril de 2016
A VESTIMENTA DA IDADE MEDIA. POLOS ALUMNOS/AS DE 3º B DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Aquí vos deixamos o traballo que os nenos e nenas de 3º B estiveron a realizar no proxecto sobre a Idade Media. Si os de 4º nos falaron sobre a sociedade feudal, estes magníficos nenos e nenas de 3º móstrannos o que aprenderon sobre a vestimenta desa época da historia. Non volo perdades!!!.
Parabéns para todos eles e elas.
Etiquetas:
Primaria,
Proxecto a Idade Media,
vestimenta idade feudal
jueves, 14 de abril de 2016
A SOCIEDADE FEUDAL. POLOS ALUMNOS DE 4º B
Os alumnos de 4º de primaria estiveron a traballar nun proxecto sobre a Idade Media. Neste vídeo mostrannos todo o que aprenderon e investigaron sobre elo: o periodo que abrangue, a sociedade medieval, os castelos, os trovadores e xoglares, os cabaleiros... Pero mellor que o vexades.
Parabens polo traballo ben feito!!!.
miércoles, 13 de abril de 2016
PROXECTOS OS PIRATAS. EI 4 ANOS
Este é o proxecto dos PIRATAS, que fixeron os nenos e nenas de E.I. de catro anos no primeiro trimestre. Nel cóntannos todo o que aprenderon sobre os piratas: ónde viven, qué piratas coñecen, partes dun barco pirata, cancións poemas e adiviñas... Vede que chulo...Aquí tedes o resultado.
I XOGOS OLÍMPICOS GRECO- ROMANOS
O pasado 18 de Marzo celebramos no colexio as primeiras olimpiadas entre gregos e romanos con xogos populares variados: TABÚ,
O PANO, RELEVO DE ZAPATONES, PARACAÍDAS,PELOTA AMOROSA, BRILÉ,
CARREIRAS DE SACOS E DE CANGUROS, TIRO DA CORDA E ESQUIVAR E DAR.
jueves, 7 de abril de 2016
PREVISIÓN DO TEMPO PARA ESTA FIN DE SEMANA
Aqui vos deixamos a previsión do tempo de cara a esta fin de semana.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)