sábado, 20 de junio de 2015

DESPEDIMOS AOS NOSOS ALUMNOS/AS DE 4º ESO


Nun acto de despedida no que houbo tamén espazo para as bágoas que comezaron a asomar a través da lectura dalgunha carta de despedida, os alumnos e alumnas de 4º da ESO recibiron as súas respectivas orlas de fin de ciclo. No emotivo acto estiveron presentes os profesores da ESO así como compañeiros e compañeiras dos nosos rapaces que xa nos deixan despois de tantos anos neste centro.
Dende aquí queremos desexarlles de corazón, toda a sorte do mundo na nova andaina que comezan e recordarlles que sempre terán abertas as portas deste o seu colexio. Esperemos que veñan a facernos algunha visitiña de vez en cando.

En hora boa a todos eles!!!

Aquí tedes o vídeo co que o noso cole agasallou aos rapaces/as

         

ENTREGA DE DIPLOMAS DOS CONCURSOS E CERTAMES DO CURSO 2014-2015

Que mellor que o final de curso para recoñecer o traballo e a labor de todos os alumnos e alumnas, así como dos profes, que traballaron duramente ó longo do curso dinamizando e participando nos distintos certames e concursos que se levaron a termo este ano. Así  o xoves 18 de xuño celebramos no pavillón o acto de entrega de diplomas e recoñecementos ás clases e aos alumnos  pola súa participación nos concursos: O Preguntón, Portada de Libros, Mai-Art e Audiovisual  Olloboi.
Para rematar este acto os alumnos e alumnas de 1º A sorprendéronnos a todos cun musical.
Un claro exemplo de inclusión. Gracias a Luisa, Pilar e David polo voso esforzo e dedicación.






                                       

INTERPRETACIÓN DO CONTO " O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS"

Os alumnos de 4º  ESO  con optativa de plástica e varios alumnos de 3º ESO, volvemos ensaiar o conto, xa representado o ano pasado a finais de curso para os alumnos de infantil: “O Incrible neno devorador de libros”. Nesta ocasión fíxose a representación para os nenos de 2º e 3º de primaria. A actividade foi unha  colaboración dos departamentos de plástica, música, lingua galega e o EDLG.
Os alumnos de 4º encargáronse de crear e dar vida aos bonecos cos que representabamos a historia, e os alumnos de 3º fixéronse cargo da música e da narración da mesma.
Unha  actividade máis que nos axuda a comprender que o traballo en equipo sempre da bos resultados.
   Aquí tedes unha mostra da estupenda representación    
                   

jueves, 18 de junio de 2015

VIAXE DE 5ºe 6º

COMO VIAXE DE FIN DE CURSO, OS RAPACES DE 5º E 6º FIXEMOS UNHA SAÍDA DE DOUS DÍAS A GRANXA ESCOLA "RÍA DEL EO" EN CASTROPOL. A VIAXE FÍXOSE NO TREN,POUCAS VECES O UTILIZAMOS,POR ISO RESULTOUNOS DIVERTIDO. FOI UNHA EXPERIENCIA MOI GRATIFICANTE, FIXÉRONSE MOITAS ACTIVIDADES : TIRO CON ARCO, MONTAR A CABALO, TIROLINA, SAÍDAS EN BICI, COIDAR ANIMAIS,OBRADOIRO DE PAN, DE QUEIXO .......... E MOITAS MÁIS. A MAIORIA VOLTOU CON GANAS DE VOLVER OU DE QUEDAR UN POUCO MÁIS......... OS TITORES DÁMOSLLES AS NOSAS FELICITACIÓNS POLO VEN QUE SOUBERON ESTAR .GRAZAS RAPACES POLO VOSO COMPORTAMENTO. ¡¡¡PASADE UN O VERAN!!!!!

lunes, 15 de junio de 2015

PREMIADOS NA II EDICIÓN DO CONCURSO DE PORTADA DE LIBROS

Difícil o tivo hoxe o xurado composto por  Vilariño (profesor e debuxante autodidacta), Marisa Areal e Meli Seoane (profesoras de educación plástica) para elixir aos gañadores e finalistas  da II Edición do Concurso de Portada de Libros. Como sabedes, o concurso tiña por obxecto a creación dun deseño gráfico para a portada ou cuberta dun libro que o alumno/a tivera lido. Con esta iniciativa o Equipo de Dinamización lingüística e a Biblioteca do CPI Conde de Fenosa de Ares pretendeu fomentar a lectura e as capacidades creativas dos alumn@s e, a bó fe que o conseguiu. Presentáronse un total de preto de 140 obras nas que os alumnos/as de infantil, primaria e secundaria reflectiron a súas dotes creativas utilizando todo tipo de técnicas e materiais.
Os gañadores e finalistas por categorías foron:

1º CICLO ESO
·         Gañadora: Verónica Rodríguez (1º ESO)
·         1ª finalista: Carmen  Martínez Dragó (1º ESO)
·         2º finalista: Miguel Vilaro (1º ESO)
2º CICLO ESO
·         Gañadora: Ana Martínez (3º ESO)
·         1ª finalista: Raquel Rivera (4º ESO)
·         2º finalista: Paola Toribio (3º ESO)
INFANTIL
·         Gañador: Teo Martínez
·         1ª finalista: Claudia Varela
·         2º finalista: Yoel Díaz
1º CICLO DE PRIMARIA
·         Gañadora: Lucía Vigo
·         1ª finalista: Alba Rey  e Yaiza Lestón
·         2º finalistas: Óscar Fernández, Hugo Cartelle, Marco Espiñeira e Aketza Aranaga
2º CICLO DE PRIMARIA
·         Gañadoras: Noa Montenegro e Clara Magariños
·         1º finalista: Axel Quesada
·         2º finalista: Pablo Rodeiro
3º CICLO DE PRIMARIA
·         Gañadora: Silvia Seoane
·         Finalistas: Sofía Cao, Nacho Cao e Martín Rodríguez


En hora boa a todos e todas!!!!

domingo, 7 de junio de 2015

GAÑADORES DA V EDICIÓN DO PREGUNTÓN

Rematou a V Edición de "O Preguntón". Desde  o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca  queremos dar a en hora boa a todos os que participáchedes nesta edición e os noso parabéns aos gañadores e finalistas. O remate do curso faremos  o acto de entrega de premios e diplomas dos diferentes concursos que estamos a realizar no cole. Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación e xa sabedes....para o ano mais!!!.
Aquí vos deixamos os nomes dos gañadores e finalistas deste ano.





sábado, 30 de mayo de 2015

ANXO MOURE

Este xoves os nenos de Educación Infantil tivemos una sesión de animación con Anxo Moure, promovida pola nosa biblioteca Carabela coa axuda do Consorcio editorial. Pasámolo moi ben!!!!

domingo, 24 de mayo de 2015

FINALISTAS DO FESTIVAL AUDIOVISUAL OLLOBOI 2015

O CPI  Conde de Fenosa xa está na recta final dos premios do Festival Audiovisual Olloboi 2015. O noso centro co vídeo “Meteorefráns” realizado polas profes e o alumnado de 3º de primaria,  foi seleccionado como finalista na categoría “Especial Embarcacións Tradicionais”.
Parabéns a todos os alumnos e alumnas que participáchedes no vídeo, e por suposto a todas as profes polo voso traballo e entusiasmo.
Os premios serán fallados na gala que terá lugar o vindeiro sábado 30 de maio en Boiro, gala que será conducida polos actores Federico Pérez e X.A. Touriñán e a actriz Sabela Hermida, e coa colaboración musical do alumnado de Música do CPI de Dodro.

Parabéns tamén ao colectivo de Monferosolidario do CPI Virxe da Cela que resultou finalista na categoría “Peleóns”, categoría que premia aos audiovisuais coa temática máis reivindicativa e comprometida.
Aquí deixamos o vídeo finalista: 

lunes, 18 de mayo de 2015

FALLADOS OS PREMIOS DO III CONCURSO DE RELATO CURTO "CONCELLO DE ARES"

Nun acto que tivo lugar este venres 15 de maio, a Concellería de Cultura entregou os premios do Concuso de Relato Curto "Concello de Ares", no que participaron rapaces e rapazas da ESO.
O alcalde de Ares, Julio Iglesias, xunto co concelleiro de Cultura, Eugenio Fernández Lago, e a edil de Comercio e Industria Alma Barrón, fixeron entrega dos premios nun  acto celebrado na Alianza Aresana e no que estiveron presentes os rapaces e rapazas que presentaron as súas obras ao certame literario.
Tras unha longa deliberación do xurado integrado por Xosé Manuel Ramos Vázquez, Vanesa Sánchez Filgueira e Antonio Seijas Cruz, foi Verónica Rodríguez Martínez coa obra “Rutina” quen resultou a vencedora do certame na categoría de 1º e 2º da ESO. O segundo premio resultou para Lara Fonte Allegue, autora da narración “O golpe máxico”. O primeiro premio na categoría de 3º e 4º da ESO foi para Marta Rivera Beceiro pola obra “Só son”, resultando gañadora do segundo premio Ana Martínez Fernández, autora da obra co título “Redes”. Ademais, os integrantes do xurado decidiron facer unha mención aos traballos presentados por Mayoya Martínez Dragó, “As cores da alma”, e Mercedes Sande Doce con “Loita contra a luz”.
Tanto o alcalde como o concelleiro de Cultura presentes no acto destacaron o número de obras que concurriron a este concurso e, o que é máis importante, o elevado nivel de todas elas, o que fixo traballar a reo ao xurado.

A iniciativa, inclúese dentro das actividades que a área de Cultura organiza para conmemorar o Día das Letras Galegas, motivo polo cal todas as obras presentadas ao concurso debían estar presentadas en galego.

En hora boa a todos e todas as participantes e, en especial, aos gañadores/as.



SEMANA 5: ÚLTIMA SEMANA DE PREGUNTÓN

Ola a todos e todas. Xa chegamos a nosa última semana de Preguntón, así que afinade ben os miolos para acertar o máximo número de preguntas posibles.  Aquí as tedes.

Premede na imaxe para vela en grande


sábado, 16 de mayo de 2015

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Este venres, 15 de maio,  celebramos  no noso cole o  Día das Letras Galegas  e para conmemoralo, ademais dos traballos e debuxos  realizados para recordar a figura de Filgueira Valverde, autor homenaxeado este ano, fixemos unha festa con bailes e cantigas da nosa terra.  En hora boa a todos os nenos e nenas, as/os profes e por suposto a ese gran grupo de”ghaiteiros”  da nosa comunidade escolar.  Especial mención a Teresa, Elena, Teri e Simón que tan ben amenizaron este día. Fixéronnos bailar e brincar como só os bos ghaiteiros saben facer.

                                            
                                                 Feliz día das letras galegas!!!


Podedes ver o vídeo pendurado máis abaixo