sábado, 22 de junio de 2013

EXPOSICIÓN “DE VERSO EN VERSO”

Se vos acordades, en maio realizamos entre todos os niveis educativos do noso centro, unha escolma de poemas de distintos autores galegos para conmemorar o Día das letras Galegas. Con eles decoramos as portas das nosas aulas, pero como queremos que todos poidan gozar desta estupenda mostra de traballos, decidimos sacar a exposición “De verso en verso” ao patio do noso cole.  Mirade que chula quedou.
Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega damos as grazas e a en hora boa a todos os alumnos/as e profes por tan estupendo traballo.

jueves, 20 de junio de 2013

sábado, 15 de junio de 2013

OS ALUMN@S DE 4ºDC ACHEGAN A CIENCIA E A TECNOLOXÍA AOS MÁIS PEQUENOS


Dirixidos polos profes Jorge (Física e química) e Daniel (tecnoloxía) os alumnos de 4º DC achegaron aos máis pequerrechos a maxia da ciencia. Os pequenos puideron coñecer de cerca como se analiza a auga da Xunqueira, como por arte de maxia cambia de cor...entre outros moitos experimentos. Tamén puideron manipular e xogar cos mecanismos que crearon en tecnoloxía os alumnos maiores  (coches, grúas, elevadores...). Os pequerrechos pasárono moi ben, e os maiores, no seu papel de “docentes” tamén. En hora boa a todos pola “clase maxistral” e aos peques por ser tan receptivos.

                            

HAI UN AMIGO EN TI

O alumnado de 2º xunto coas profes Meli e Lara representaron a obra de teatro "Hai un amigo en min!. A verdade é que quedamos todos encantados coa producción da mesma. Non só prepararon os decorados, a interpretación musical, o vestiario... senon que ¡escribiron a obra!. Impresionante a labor desta "gran compañía teatral". E o resultado fantástico. Gustou tanto que os pequenos quedaron con ganas de máis. En hora boa a tod@s!!.

                         

lunes, 10 de junio de 2013

POESÍA=COMIC?

A poesía dende sempre é un compoñente determinante do estudo da literatura. O seu peso inclina a balanza cando se revisa calquera época literaria. Ese feito exclusivo non a convirte en máis atractiva para o alumnado, pois case sempre a observa como indescifrable, hermética,..., incomprensible. A adaptación a un discurso moi cercano á xuventude, a banda deseñada, pretende rachar eses prexuízos tan instalados, á vez que se comprende mellor a linguaxe do cómic.
A tira de Quino, sobre o complicado que somos as persoas, que nin a nós mesmas nos entendemos, semellaba que debuxaba o dilema que presentaba Rosalía en Unha vez tiven un cravo. Logo, o alumnado de 3º da ESO tentou darlle corpo ao símbolo da brancura roubada do poema A xustiza pola man. Eis o resultado.
            

martes, 4 de junio de 2013

A ESCOLA DOS MEUS AVÓS

Baixo o lema "A historia dos meus avós" o alumnado de 4º da ESO realizou un traballo de investigación sobre o ensino de antano, buscando a reflexión sobre a evolución da escola a través  do tempo.  Este traballo culminou coa realización dunha entrevista a un veciño de Ares, Xesús Vilasánchez, que amablemente falounos  de como era a escola na súa nenez, dos profesores daquela época, de como se vivía, a que xogaban, da diferencia co ensino actual... Aqui vos deixamos a interesante entrevista que este grupo de rapaces e rapazas fixeron e editaron.  Grazas a Xesús pola súa disponibilidade e a aportación a este traballo.

 

domingo, 26 de mayo de 2013

SOMOS: UNIDOS PARA CAMBIAR O MUNDO

A unión fai a forza, e de momento, xa SOMOS máis de tres millóns de persoas dispostas a cambiar o mundo. Así nace SOMOS, unha iniciativa que agrupa a numerosas ONGs coa finalidade de fomentar a solidariedade na sociedade na que vivimos, e para recoñecer todo o que os colaboradores das ONGs fan día a día. 

O noso cole leva mostrando o seu compromiso coa solidariedade en diferentes proxectos, e neste día, venres 24 de xuño, queremos mostrar a todo o mundo que podemos dar a volta ás cousas. Deixamos a nosa testemuña a través dos retratos dos rapaces e rapazas e dos profes, que decidiron exhibir unha prenda de vestir ao revés, sumándose a este soño de cambiar o mundo e de dar volta ás cousas.


                          


sábado, 25 de mayo de 2013

PROGRAMA DE ASPANEPS "PONTE NO MEU LUGAR" PARA O ALUMNADO DE 6º PRIMARIA

A Concellaría de Educación, que dirixe José Juan Vilar, e a entidade Aspaneps levaron ao CPI Conde de Fenosa o programa “Ponte no meu lugar”, unha recoñecida actividade promovida e desenvolvida por esta asociación que ten como principal obxectivo o de achegar a discapacidade en primeira persoa a través de dinámicas e accións participativas que procuran a reflexión entre o alumnado de 6º de Primaria e o profesorado. Tanto na mañá do pasado xoves como na do venres, os responsables deste programa levaron a cabo diversas actividades cos nenos e nenas, que poideron constatar as dificultades coas que persoas invidentes, xordas ou con problemas de movilidade pódense atopar nas súas rutinas diarias nun centro escolar, neste caso o de Ares. O programa “Ponte no meu lugar” desenvólvese en dúas fases. A primeira, a do traballo cos Mestres e alumnado de 6º co apoio de carteis temáticos e unha película para comentar cómo se vive o feito de ser tratado de maneira diferente. A segunda fase é de vivir en primeira persoa esas dificultades, realizando un circuito cos rapaces e rapazas. Este circuito tiveron que facelo en cadeira de rodas, cunhas vendas nos ollos ou cuns cascos nos oídos. 

Estivo tamén presente nunha das xornadas a concelleira de Servizos Sociais, Victoria Montenegro. Nesta xornada, Aspaneps entregou á nosa directora, Blanca Cortizas, o diploma acreditativo da realización do programa levado a cabo.

                          

sábado, 18 de mayo de 2013

INFORMATIVO TV "TESMOITALINGUA"

Programa dos servizos informativos do canle "Tesmoitalingua" sobre a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño.

viernes, 17 de mayo de 2013

GAÑADORAS CONCURSOS DE RELATO CURTO

Desde aquí queremos dar a en hora boa as alumnas Ana Martínez de 1º da ESO e Raquel Rivera de 2º da ESO por gañar sendos concursos de relato curto.

 Ana co relato titulado "A pedra de luar", quedou gañadora do "I CONCURSO DE RELATO CURTO" que o  Concello de Ares organizou co gallo do Día das Letras Galegas.



Raquel quedou gañadora provincial do "Concurso COCA-COLA de novos talentos Premio Relato Curto". 



Parabens as dúas polo traballo ben feito!!!

DE VERSO EN VERSO

Como todos sabedes, este ano o Día das Letras Galegas achéganos a Roberto Vidal Bolaño. No noso cole quixemos homenaxear a esta figura central da literatura e do teatro galegos que destacou pola súa dramaturxia e pola súa implicación na profesionalización dun teatro propio e na lingua propia de Galicia, sen esquecernos de lembrar a tod@s eses xeniais escritores galegos que, “verso a verso”, exaltaron e levaron a nosa lingua por toda Galicia e máis aló das nosas fronteiras.
Entre todos os niveis educativos do colexio realizamos unha escolma de poemas que ilustramos con diferentes técnicas, desde collage, ata debuxo, pasando polo deseño gráfico que fixeron os alumn@s da ESO. Con eles decoramos as portas das nosas aulas.Tamén realizamos murais e contos ilustrados. 
 Felicitar a profe Chicha polo magnífico retrato que pintou de Roberto Vidal Bolaño e que ilustra, de xeito espléndido, toda a mostra de traballos realizados para conmemorar o Día das Letras Galegas no noso colexio. 
Aquí tedes o magnífico resultado!!!