sábado, 27 de octubre de 2012

RECOMPILACIÓN DE ACTIVIDADES LIM SOBRE O SAMAÍN, O OUTONO E O MAGOSTO

A Secretaría Xeral de Política Lingüística infórmanos de que están á disposición dos centros educativos e equipos de dinamización da lingua galega novos recursos.
Se premedes na seguinte imaxe atoparedes materiais e recursos para traballar as diferentes festividades outonais.


domingo, 7 de octubre de 2012

PARA TRABALLAR AS FIGURAS LITERARIAS

PREME NA IMAXE

HISTORIA E LENDA DA" COVA DOS MOUROS" EN CERVAS (ARES)

A chamada "Cova dos mouros" é unha perforación de orixe descoñecida, que mide máis de cen metros de longo, por metro e medio de alto e preto dun metro de ancho.
Á beira había un castro céltico que aproveitouse despois como fortificación artilleira. A ensinada deste lugar coñécese como Santa Mariña. Alí había un illote, separado da punta por un estreito brazo de mar de orixe erosivo.

Anciáns xa desaparecidos da parroquia de Cervás, afirmaban ter oído dicir aos seus antepasados que esta illa a lembraban aínda unida a terra firme. Na illa descubríronse sollares e restos de tellas, que con toda probabilidade eran os restos dun Santuario erixido en honor á mártir galega Santa Mariña, que deu nome ao lugar, e que se afundiu pola acción erosiva do mar da ría de Ares.
Pois alí preto, atópase a denominada pola fantasía popular "COVA DOS MOUROS". Perforación tonelada que non é de orixe natural, senón que se notan as pegadas de que foi escavada a man e, co entullo sacado formouse un enorme barranco.

De lonxitude indefinida, nos anos cincuenta cifrábase nuns cen metros, pero nunca púidose chegar ao final, por atoparse derrubamentos e falta de osíxeno.

Nunca se soubo con certeza sobre a orixe e a utilidade desta perforación. As hipóteses sobre o particular son sumamente variadas.
Uns opinan que foi habitación prehistórica e que a circunstancia de atoparse ao bordo dun precipicio, fai pensar que os seus moradores dedicábanse á caza polo procedemento de acosos ás reses, para que se despeñaran naqueles quebradizos. Outros a supoñen feita polos fenicios, con vistas á extracción de estaño ou, polo menos, considérana antiga explotación mineira. Algúns pensan que puido ser para captación dunha traída de auga. Non falta quen di que foi unha especie de refuxio ou polvorín da batería establecida no castro veciño.

En fin, a fabulación sobre esta Cova é abundantísima e algúns supoñen que chegaba ata Mehá (Mugardos), na ribeira da ría de Ferrol.

As denominadas vulgarmente Covas dos Mouros, existen en moitas partes de Portugal, Galicia, Asturias, ...., forman parte da "cultura castrexa", e a fabulación popular as denominaba así, aínda descoñecendo a súa orixe.
Romayo de Chanteiro

martes, 11 de septiembre de 2012

BENVID@S AO NOVO CURSO 2012-2013!!!




Comeza o novo Curso Escolar 2012-2013. Desde o noso centro dámosvos a benvida a todos e todas.
Seguramente moitos viredes con novas ideas e propósitos para esta nova andaina. Tamén con novas forzas despois do verán. Esperamos que o comezo sexa bo para tod@s e que todas esas novas ideas e propósitos teñan cabida ao longo do curso.
Durante o ano académico seguiremos utilizando este blogue como canle de comunicación da Comunidade Educativa.  Periodicamente irán aparecendo novas entradas que esperamos vaiades lendo e comentando. Parécenos que pode ser útil para todos.   
Tamén na  páxina web do Centro   cuxo enderezo é: http://www.edu.xunta.es/centros/cpicondefenosa/  atoparedes información actualizada de todo o referente ao colexio e ao ámbito educativo.

Benvidos e que sexa un curso positivo para todos.


CALENDARIO ESCOLAR 2012-2013

miércoles, 4 de julio de 2012

FIN DE CURSO!!!

Nunha emotiva xornada de despedidas, o venres 22 de xuño finalizamos o curso no pavillón primaria e secundaria xuntos. E qué mellor que este último día de clase para recoñecer o traballo de alumnos/as e profesores/as que traballaron activamente  durante todo o curso.Nesta celebración de despedida houbo cabida para recoñecer e premiar con un diploma- son tempos de crise, e aínda que non teñamos cartos para mercar regalos que ben merecerían todos aqueles que puxeron o seu grao de area, si houbo un diploma de acreditación- a todo o alumnado que acadou premios tanto académicos como deportivos.
Tamén despedimos ao alumnado de 4º ESO e 4º Diver que deixan o noso centro. Desde aqui desexámoslle moita sorte na súa nova andaina.
O acto estivo amenizado polas coreografías que o alumnado de secundaria representou e pola exhibición das campionas galegas de ximnasia rítmica do noso cole.

                                       Parabéns a tod@s e felices vacacións!!!







martes, 3 de julio de 2012

ATA SEMPRE...VILARIÑO

Este  é o derradeiro curso no que contaremos coa presenza como profesor de Vilariño.  Despois de 25 anos no noso centro, vai a pasar a mellor vida, e decir,xubílase, comezando asi unha etapa de merecido descanso, que non de inactividade. Por iso os seus alumnos quixeron darlle unha sorpresa e preparáronlle unha festa de despedida. Fixeronlle unha serie de agasallos moi fermosos e lle gravaron un pequeno vídeo de homenaxe  como recordo. A verdade é que foi un acto moi emotivo. Desde aqui queremos desexarlle ao noso profe e compañeiro Vilariño toda a sorte do mundo e invitalo a que nos veña a visitar de vez en cando.

Aqui vos deixamos unha foto da festa sorpresa e o video dos rapaces/as.



CHARLA DO BIÓLOGO JAVIER CRISTOBO NO NOSO COLE

O noso amigo aresán Javier Cristobo que , como todos sabemos, colaborou este curso con nós realizando unha serie de actividades entre as que destacou unha videoconferencia en rigoroso directo coa Antártida, veu a visitarnos ao cole o último día de clase e regalounos unha magnífica charla sobre o seu paso pola Antártida, o seu traballo, ensionounos vídeos e fotografías da flora e fauna, puidemos facerlle preguntas... A verdade é que non podemos máis que agradecer a Javier, que veu desde Gijón onde traballa como director do Instituto Oceanográfico, a súa dispoñibilidade e xenerosidade para con todos nós, darlle as grazas por todo e invitalo a que volva outra vez  e siga colaborando con nós. Grazas Javier.

Na revista escolar "ALBARES", podedes ler un artigo sobre el.


sábado, 23 de junio de 2012

REVISTA ESCOLAR "ALBARES"

Este curso o Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro deu a luz o primeiro número da Revista Escolar "Albares".  Aquí tedes a edición dixital da mesma. Non deixedes de votarlle unha ollada. 
Premede enriba dela para vela en grande


FALLADOS OS PREMIOS DO III CERTAME DE FOTOGRAFÍA ORGANIZADO POLA ANPA E O CPI CONDE DE FENOSA

O xurado do certame de fotografía elixíu a fotografía gañadora desta III Edición do concurso que foi a realizada pola alumna de 3º ESO Silvia García. A verdade é que os membros do xurado tivérono moi difícil debido á calidade dos traballos presentados. 
Desde aquí queremos dar a en hora boa á gañadora e a todas e todos os participantes. Se queredes votarlle unha ollada ás fotografías presentadas ao certame premede no seguinte enlace:III CERTAME DE FOTOGRAFÍA


Fotografía gañadora







CAMPIONAS GALEGAS DE XIMNASIA RÍTMICA

A Comunidade Educativa do CPI Conde de Fenosa quere dar  os PARABÉNS as nosas alumnas : Marta Cepero Mosquera, Icíar Bermúdez Fornos, Andrea Riveiro Romero e Carla López Rodríguez de 4º E.P. polo grande éxito acadado no Campionato Galego de Ximansia Rítmica na categoría Alevín celebrado en Ourense .


PREMIOS CANGURO MATEMÁTICO

Os gañadores da edición do "Canguro Matemático 2012", a nivel do noso centro, CPI Conde de Fenosa" foron:
  • Bran Rodríguez Sampedro (3º ESO B)

  • Julián Sixto Sánchez (3º ESO B)
O concurso tivo lugar o día 15 de marzo e consistíu na realización dunha proba tipo test de 30 cuestións matemáticas por niveis.
Participaron 46 alumnos/as de todo o centro, dos que obtiveron a máxima puntuación Bran e Julián, que foron obsequiados cun lote de libros cada un.

 Noraboa aos gañadores e tamén a todos os participantes, e que sigades tendo tanta interese e curiosidade polas matemáticas!.


Bran e Julián xunto á profe de matemáticas María