martes, 19 de octubre de 2010

"REVOLTALLO DE TERMOS. A TECNOLOXÍA EN GALEGO.

Xa está en marcha a “Xornada pola Ciencia en Galego” do 4 de novembro, unha xornada dirixida dende o ensino a toda a sociedade galega, para defender a idoneidade do uso do galego nas áreas científico-tecnolóxicas, comunicarlle á sociedade o orgullo de expresar ciencia e tecnoloxía en galego e divulgar experiencias científicas e tecnolóxicas pensadas e desenvolvidas en galego.

En coordinación coa CENDL e apetega, tecnoloxia.org súmase coa actividade “Revoltallo de termos. A tecnoloxía en Galego“, iniciativa que pretende dar a coñecer e difundir vocabulario técnico existente na nosa lingua, perfectamente válido para expresar e difundir tecnoloxía.


Primeira fase: A colleita
A través dun formulario web aloxado en tecnoloxia.org, comezaremos recollendo aquela terminoloxía propia do galego utilizada no campo da tecnoloxía. Calquera persoa pode participar. Comproba antes de engadir algún termo que non estea xa incluído na listaxe.

1. Termo:

Dá a coñecer unha palabra en galego utilizada en calquera especialidade tecnolóxica. Cómpre que sexa propia do galego, que sexa diferente do castelán ou do inglés.
                                                   Exemplo: Engrenaxe

2. Especialidade:

A que campo da tecnoloxía pertence? Introduce alí a especialidade tecnolóxica onde ten máis uso: informática, mecánica, electrónica, robótica..., tentaremos poñer algo de orde a este revoltallo de termos.
                                                                                      Exemplo: Mecánica

3. Descrición:

Pódese incluír a definición estrita de dicionario, pero se non é de doada comprensión para o público xeral non especialista convén introducir unha descrición que facilite a súa comprensión.

Exemplo: Denomínase engrenaxe ou rodas dentadas ao mecanismo utilizado para transmitir o movemento dun compoñente a outro dentro dunha máquina. Ao moverse unha engrenaxe, os seus dentes empurran aos dentes doutra roda engrenada, provocando o seu movemento en sentido contrario.

4. Imaxe:

Unha imaxe vale máis ca mil palabras, de feito en tecnoloxía precisamos do debuxo técnico para expresármonos con claridade. Engade unha fotografía, debuxo ou animación que dea soporte á explicación do termo. A imaxe irá reducida a 150 píxeles de alto, así que envía imaxes que non sexan moi grandes. A imaxe debe estar en formato JPG, GIF ou PNG.

5. Ligazón:

Podes incluír unha ligazón que nos permita ampliar a información. Debe ser en galego. Unha boa opción é dirixir á galipedia, enciclopedia libre en galego. Se o termo está incluído nela, estupendo, e se non o está, pode ser unha boa tarefa para traballar co alumnado en clase.

                          Exemplo: http://gl.wikipedia.org/wiki/Engrenaxe

Segunda fase: Actividades

Unha vez teñamos recompilado suficiente léxico será hora de traballar con el na xornada do 4 de novembro. Vai á sección de propostas de actividades. Alí atoparás algunhas ideas de traballo e tamén podes enviarnos as túas.

jueves, 7 de octubre de 2010

Desmontando os prexuízos contra o galego

Presentación sobre os prexuízos lingüísticos realizada por tres alumnas de 3º de ESO do CPI don Aurelio de Cuntis para combater os prexuízos lingüísticos. Foi un dos traballos gañadores no concurso que sobre este tema organizou a Coordinadora ENDL de Terras do Umia. Parabéns polo resultado!

jueves, 30 de septiembre de 2010

ACTUACIÓN DE PETER PUNK

Organizado polo ANPA do noso centro, o pasado venres 24 os alumnos e alumnas da ESO gozaron dun momento de entretemento co espectáculo cómico do clown “Peter Punk” (Isaac Rodríguez Miranda). Neste espectáculo o noso malabarista transformouse en Peter Punk, un personaxe imaxinario chegado do país de Nunca Máis. Como un neno que se nega a medrar, Peter Punk xogou en escena co público, coa palabra e, por suposto, con todos os aparellos que foi sacando da súa maleta. Un espectáculo sen tregua, cheo de humor e malabares, no cal a comicidade mesturouse coa habilidade na procura da gargallada dos alumn@s. "Chungo, chungo que te cagas" é a frase máxica deste artista, coa que lle anuncia ao público as máis complicadas rutinas, nunha persoal versión do máis difícil aínda dos directores de circo clásico. Durante a actuación, Isaac Rodríguez, ou Peter Punk (que tanto nos ten), amosounos a súa destreza con bólas, mazas, aros, globoflexia. E todo isto sen esquecer o humor... O artista fixo partícipe aos rapaces e rapazas convidando a varios estudantes a colaborar no seu espectáculo, o que provocou máis dunha gargallada entre os seus compañeiros.

Un espectáculo cheo de alicientes que nos fixo pasar un bo momento.




                         

1,2,3...COMEZAMOS



lunes, 12 de julio de 2010

Actividades Fin de Curso

Amosamos as actividades realizadas o último día do curso. Foi unha xornada estupenda na que poidemos disfrutar e despedirnos con moita ledicia.
A verdade que foi un bo fin de curso. Grazas a todo o noso alumnado que participaron con tanto ánimo e aos profesores que sempre podemos contar con eles.


Un agradecemento especial a Pilar e a Loli que foron unhas grandes impulsoras da creación deste ambiente tan agradable. Esperamos que para o próximo curso nos fagan unha visitiña.

Felices vacacións a tod@s e ata dentro dun par de meses.

XOGOS

martes, 6 de julio de 2010

                                   


CAMIÑATA A CHANTEIRO

Nun día propio do mellor agosto, aínda que estabamos en xuño, o alumnado da ESO realizou unha camiñata a Chanteiro seguindo un dos roteiros da costa.  Ainda que cansos polo día tan caluroso, a marcha foi levadeira e poidemos chegar a praia de Chanteiro sin ter que chamar a protección civil para que levara a algunha profe que xa pedía "papas". Magoa non poder estar mais tempo disfrutando da praia e dos xogos pero  a camiñata valeu a pena.

Aquí vos deixamos a reportaxe fotográfica do evento.


                        


martes, 8 de junio de 2010

ÓPERA E GRAFFITIS

O dia 31 de maio os departamentos de Música e Educación Plástica organizamos unha saída á Coruña cos alumnos de 3º da ESO.
Durante a mañá fomos ao teatro Colón para ver e escoitar "A pequena frauta máxica", unha adaptación da ópera A frauta máxica de Mozart. A obra é unha producción do Liceo de Barcelona coa posta en escea e o vestiario de Els Comediants, o que é unha garantía de calidade.
Despois de comer no monte de Santa Margarita, voltamos ó Cantón para asistir á exposición "Postgraffiti: Xeometría e Abstracción" na fundación Caixa Galicia organizada polo Museo Urbano de Arte Urbano de A Coruña, MUAU ( clicade aquí http://www.muau.org/expo.php) . Alí despois da visita guiada, fixemos un obradoiro moi ben aproveitado.

Nas fotos podedes ver un resumo do noso día na Coruña. Fixádevos nos nosos graffiteiros!!!!!

Chegamos pola tarde, cansos pero satisfeitos.

No teatro Colón

Os nosos graffiterios en plena acción


O grupo coas profes Marisa e Teresa


                                       

martes, 1 de junio de 2010

1º CERTAME de FOTOGRAFÍA

O pasado día 27 de Maio, reuniuse o xurado do 1º Certame de Fotografía sobre a riqueza medioambiental de Ares, para o alumnado da ESO, organizado polo ANPA do C.P.I. “Conde de Fenosa” de Ares, en colaboración co profesorado do centro, especialmente a profesora Marisa Areal.

O Xurado estaba composto por :
Ana Martínez, Concelleira de Cultura do Concello de Ares
Álvaro Franco, representante das familias do noso alumnado
Mayolla Dragó, Vicepresidenta do ANPA
Adrián Pérez, antigo alumno do centro
Mariam Belrhlid, antiga alumna do centro
Marisa Areal, profesora de Educación Plástica e Visual
Blanca Cortizas, profesora de Tecnoloxía.
Despois da visualización das fotografías, e trala 1ª votación, foron máis votadas 3 fotografías cun empate técnico de 2 .
Polo tanto, realízase unha 2ª votación e resulta gañadora a fotografía titulada “Estacas
que corresponde a alumna de 4º ESO, Anais Prieto, a quen desde aquí queremos dar a noraboa.

     











Os outros 2 finalistas corresponden as fotografías :
Ceo rosa”, de Aldara Vilar, alumna de 4º ESO
e “Xunqueira” de Javier Cendán, alumno de 3º ESO.













De todos os xeitos queremos felicitar a tod@s @s participantes porque saben valorar a riqueza Mediomabiental de Ares, e esperamos que o vindeiro Certame teña, se cabe, máis participación. Ánimo!!.

O vindeiro día 21 de Xuño ás 19:00 h, na Biblioteca do Concello de Ares abrirase a Exposición Itinerante de todas as fotografías participantes, e terá lugar a Entrega de Premios . Estades todos invitados.