miércoles, 1 de febrero de 2017

OBRADOIRO CARTAS DE AMOR

Onte tivo lugar un obradoiro promovido pola Secretaría Xeral de Igualdade e impartido por Isabel Serrato Azat. O obradoiro tivo como finalidade abordar temáticas dende un punto de vista educativo e previr así actitudes machistas, e situacións de violencia na adolescencia. Entre os contidos a tratar estiveron presentes: as diferencias de xénero, a idea do amor romántico, as relacións de parella, a linguaxe, etc… Este obradoiro que ten as  ilustracións da exposición “Cartas de Amor”como eixe, desenvolveu a través de diferentes dinámicas participativas, os temas  citados anteriormente.

O alumnado de 1º ESO realizou tamén unha visita guiada a exposición que se encontra exposta na Casa da Xuventude do noso concello.

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ



viernes, 27 de enero de 2017

ENTREGA DO PREMIO AO NOSO PFPP

Hoxe ás 11:00h da mañá tivo lugar no Gaiás a entrega dos premios do Plan de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) nun acto onde a Consellería de Educación e  o conselleiro Román Rodríguez loou a creatividade, a renovación e a temática dos itinerarios “á carta” deseñados polos docentes destes colexios e institutos, e que van servir de referencia para o conxunto da comunidade educativa (7 centros premiados de toda Galiza).

A este acto asistiron as nosas compañeiras, Carmen Regueira e Conchi Cambeiro que forman parte do equipo de formación do noso centro, para recibir ese recoñecemento ao CPI As Mirandas, en Ares (A Coruña), onde o centro de traballo foi a biblioteca escolar, que serviu de vehículo para que os docentes incorporaran novas metodoloxías de traballo cooperativo e ensino, adaptadas aos diferentes niveis educativos deste centro.


Dende a Dirección agradecemos este recoñecemento, ben merecido polo excelente traballo que realizou e segue realizando o profesorado deste centro, agradecendo tamén o excelente traballo do alumnado e a colaboración das familias.

miércoles, 11 de enero de 2017

GRAZAS A TOD@S POLA VOSA SOLIEDARIEDADE


Na carreira quilómetros de solidariedade recadamos 976,45 € que foron enviados á ONGD Save The Children. Nunca me cansarei de sorprender ante tanta xenerosidade. Grazas a toda a comunidade educativa pola vosa colaboración e esforzo.


miércoles, 21 de diciembre de 2016

OPERACIÓN QUILO DE NADAL

Graciñas a todo o alumnado, familias e profesorado do CPI As Mirandas de Ares pola vosa solidariedade e colaboración na Operación quilo de nadal. Hoxe entregamos o recollido a Caritas de Ares e a Cociña Económica de Ferrol. Sin vós non sería posible.


jueves, 15 de diciembre de 2016

XA ESTÁ AQUI A CARREIRA SOLIDARIA!!!

Un ano máis o noso centro organiza a VI Carreira Quilómetros de Solidariedade. Enmarcada dentro das actividades solidarias do noso colexio, é unha actividade con dobre finalidade: por unha banda, espertar nos nosos alumnos e alumnas un espírito crítico e solidario cara as inxustizas que afectan a millóns de nenos e nenas de todo o mundo e, por outra banda, recadar fondos en colaboración coa ONG “Save the Children” para axudar á infancia mais desfavorecida e facer que se respecten os seus dereitos.
Nesta actividade solidaria,  o alumnado aboará 1 € por inscribirse na carreira e recibirá un dorsal, un carné de corredor e un diploma acreditativo de participación. Pola súa banda, o que “voluntariamente” queira buscar patrocinadores entre os seus familiares ou achegados, poderá facelo recollendo as súas aportacións a través do carné de corredor. Este ano a recadación irá a parar a través de Save the Children aos programas de desenvolvemento e emerxencia que esta ONG  leva a termo para combater a desnutrición infantil nos países máis empobrecidos.
Un ano mais, a atleta aresán Paula Mayobre  estará connosco  e  apoiará esta causa coa súa presenza,  participando na xornada con todos os rapaces e rapazas do noso centro.

ORGANIZACIÓN

ESO: Saída as 10:15 horas. Ruta: Colexio, Igrexa, Porto deportivo, Paseo marítimo, Parque infantil Rosalía de Castro, volta ao colexio pola Avda de Mugardos.

Infantil e Primaria:  A carreira terá lugar no pavillón do colexio.

 Agradecemos a todo o alumnado a súa participación e  solidariedade e invitamos a todos os pais e nais a que veñan a apoiar aos nosos corredores solidarios.

Agradecemos a colaboración de Supermercados Claudio e GADIS, Floristería Real, Frutas Mari, Protección Civil e Policía local de Ares.


viernes, 2 de diciembre de 2016

BO TRABALLO!!!

O CPI As Mirandas de Ares Premiado nos Proxectos de Formación Permanente do Profesorado 2016 dirixidos aos centros docentes que participan nos plans de formación permanente do profesorado implantados en centros educativos públicos no curso escolar 2015/2016. Noraboa A TOD@S!!!!


viernes, 25 de noviembre de 2016

LUZ PARA COMBATER A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES



A  violencia contra a muller supón a manifestación máis extrema da desigualdade de xénero e a máis grave violación dos dereitos humanos das mulleres que padece calquera sociedade. Hoxe, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, queremos arroxar luz e denunciar esta realidade, tantas veces escondida e silenciada. Infórmate: http://bit.ly/erradicacionviolenciamujer.





martes, 15 de noviembre de 2016

MAGOSTO 2016

No noso colexio continuamos a recuperar as nosas tradicións e o noso patrimonio inmaterial e así  quixemos dedicar unha xornada para a celebración do Magosto. Primeiro preparamos cucuruchos, caixas, cestiños... para recoller as castañas; logo degustamos as saborosas castañas asadas e para axudar á dixestión, xogos populares no pavillón:  letras corporais para formar a palabra Magosto, baile da castaña, carreiras con castañas en culleres e volta coa castaña entre as pernas, baile da vasoira, etc. UNHA XORNADA XENIAL!!!!