jueves, 17 de febrero de 2011
lunes, 31 de enero de 2011
CHARLA DA ONG "EDUCACIÓN SEN FRONTEIRAS"
O xoves 27 o alumnado do 1º ciclo da ESO e do 3º ciclo de primaria tiveron a visita de Pancho e Mikel, dous integrantes da ONG "Educación sen Fronteiras". Na súa charla faláronnos do compromiso coa defensa e promoción do dereito a unha educación de calidade para todos e todas, como un dereito humano fundamental, non discriminatorio e participativo cara á construción dun mundo que ofreza oportunidades a todas as persoas.
Tamen nos puxeron a curtametraxe "Binta e a gran idea". Esta historia, por certo moi fermosa, lévanos ao mundo de Binta, unha nena senegalesa de sete anos que pon en marcha unha obra de teatro infantil para mostrar o desexo da súa curmá de ir ao colexio. Binta admira ao seu pai, un humilde pescador que, preocupado polo progreso da humanidade, está empeñado en levar a cabo algo que se lle ocorreu, "a gran idea"...Non contamos mais... Se queredes saber cal é a gran idea, podedes ver o video a continuación.
jueves, 20 de enero de 2011
30 de xaneiro: "Día Escolar da Non violencia e a Paz"
O próximo día 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. Neste día, ademais de conmemorar o aniversario da morte de Gandhi, trataremos de imaxinar un mundo sen violencia, sen guerra, sen odio, sen prexuízos, sen pobreza... un mundo no que todos poidamos vivir en harmonía e igualdade.
O obxectivo deste día é resaltar a importancia da educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto polos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. E destacar o papel dos centros educativos como instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.
O educador e pacifista que fundou no ano 1964 o Día Escolar da Non Violencia e a Paz foi Lorenzo Vidal. Se queredes saber máis sobre el e a súa obra podedes picar no seguinte enlace: Lorenzo Vidal
Aqui podedes ver unha mensaxe que vos deixa aos rapaces e rapazas do cole
:
:
Aquí temos algúns dos deseños convertidos en pegatinas,que fixeron os rapaces e rapazas do noso cole.
miércoles, 19 de enero de 2011
lunes, 17 de enero de 2011
Nadal en Primaria e E. Infantíl
Preparamos con moita ilusión as nosas actuacións para o festival de Nadal.
Colaboramos na decoración do escenario cos nosos murais .
Visitáronos os Reis que nos deron unhas chuches.
Aí van unhas fotos do noso festival. Esperamos que vos gusten a todos.
Colaboramos na decoración do escenario cos nosos murais .
Visitáronos os Reis que nos deron unhas chuches.
Aí van unhas fotos do noso festival. Esperamos que vos gusten a todos.
VISITA DO 3º CICLO DE E.P. A CASA DAS CIENCIAS E A DOMUS
Pasamolo moi ben na visita a Casa das Ciencias e a Domus.
Pola mañá estivemos no planetario e logo xantamos na Domus.
Vimos unha peli en 3D e realizamos diversas actividades.
Fixéronnos unha disección do corazón dun porco.
Pola mañá estivemos no planetario e logo xantamos na Domus.
Vimos unha peli en 3D e realizamos diversas actividades.
Fixéronnos unha disección do corazón dun porco.
domingo, 16 de enero de 2011
ÉXITO DA OPERACIÓN QUILO DE NADAL: RECOLLERONSE MAIS DE 500 QUILOS DE ALIMENTOS
Grazas a todos e todas, familias, alumnado, profesorado e comunidade educativa en xeral pola vosa aportación e apoio na Campaña de recollida de alimentos para axudar á “Cociña Económica”. A verdade é que non podemos mais que sentirmos orgullosos no lugar onde vivimos, porque a solidariedade é outra das características da nosa vila e esta campaña demostrouno con creces.
Tamén queremos transmitir o noso agradecemento ao Concello de Ares por colaborar no transporte dos alimentos ata o seu destino.
AGRADECEMENTO DA COCIÑA ECONÓMICA Ó NOSO CENTRO
jueves, 23 de diciembre de 2010
martes, 14 de diciembre de 2010
Recursos para traballar o nadal nas aulas
A Coordinadora Galega de EDLG vén de poñer á disposición da comunidade educativa unha páxina web dedicada ao Nadal. Neste monográfico especial podedes atopar:
1.- Postais elaboradas polo alumnado
1.- Postais elaboradas polo alumnado
Este espazo acolle felicitacións feitas polo alumnado e permite que calquera usuario envíe algúns destes traballos para felicitar o Nadal e o Aninovo a través da rede. O prazo de recepción de postais continuará aberto ata o 17 de decembro (vid. instrucións no documento anexo). Así mesmo, contén modelos de cartas para enviar aos Reis Magos e ao Apalpador.
2.- Recursos para traballar nas aulas
Escolma de recursos sobre o Nadal elaborados por docentes, institucións e asociacións. Inclúe unidades didácticas, actividades en liña, manualidades, vilancicos, contos, o refraneiro, etc.
jueves, 9 de diciembre de 2010
CONCURSO DE PRESENTACIÓNS ELECTRÓNICAS DE NADAL
Coa intención de favorecer o uso do galego nas mensaxes de felicitación de Nadal nos novos formatos e a través das novas tecnoloxías, a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso de presentacións electrónicas de Nadal.
Este certame, ademais de contribuír a crear un corpo de presentacións de Nadal en galego para difundir na Rede entre o público xeral, pode resultar unha actividade interesante para os rapaces e rapazas, para que elaboren presentacións libremente ou coa guía dun profesor.
A data límite de envío das presentacións é o 20 de decembro de 2010.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






