viernes, 16 de abril de 2010

PREGUNTÓN DO VENRES 16 ABRIL

Aqui vos deixamos as últimas preguntas da semana.


PREGUNTA 1


PREGUNTA 2

jueves, 15 de abril de 2010

XORNADA CULTURAL DO 26 DE MARZO

O pasado venres 26 de marzo realizouse no noso centro unha xornada lúdico-cultural organizada polo Departamento de Normalización Lingüística, xunto cos departamentos de lingua galega, tecnoloxía, matemáticas ,ciencias, educación física e música, e coa colaboración de todo o profesorado do centro.
A verdade é que foi unha xornada estupenda e hai que darvos a todos a enhora boa polo ben que saíu todo. Como di Pilar (a nosa profe de educación física PORTÁSTEVOS!!!. Estivestes xenial, tanto na participación como no comportamento, e ademis acadastes en todas as probas un gran nivel.
Sei que a algúns a proba do "Preguntón" lle resultou un pouco difícil. Non vos preocupedes, tomaremos nota para que a próxima vez sexa máis sinxela.
Felicitamos desde aquí a todos os grupos participantes e en especial aos “Superdotados” e “Esnifatipex” que foron os que acadaron as puntuacións máis altas.
E como di o refrán, ”unha imaxe vale máis que mil palabras”... así que aquí tedes a reportaxe do que foi ese día.


Facendo a proba do Preguntón




Facendo as probas tecnolóxicas


Pasapalabra científico




Probas físicas


Actuacións musicais



Entrega de premios



miércoles, 14 de abril de 2010

LINGUA DE AMOR


O Consello da Xuventude de Galicia (CXG) puxo en marcha a terceira edición do concurso Lingua de Amor, organizado con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e do Día Internacional da Internet e cuxo obxectivo principal é dinamizar o uso da lingua galega entre a xente moza nas súas comunicacións a través da rede.

O concurso está divido en dúas categorías: declaracións e cancións. O prazo permanecerá aberto ata o 28 de maio de 2010 e para as votacións será do 29 de maio ata o 6 de xuño. Para participar só hai que rexistrarse na páxina web http://www.linguadeamor.eu/

Os premios divídense do xeito seguinte:

Modalidade 1: declaracións de amor en galego a través da rede

Categoría A (de 14 a 19 anos):
1.º Un computador portátil Netbook
2.º Unha consola Nintendo DSI XL
3.º Unha cámara de fotos dixital


Categoría B (de 20 a 35 anos):

1.º Un computador portátil Netbook
2.º Unha cámara de vídeo dixital
3.º Unha consola Nintendo DSI XL

Modalidade 2: cancións de amor en lingua galega

1.º Un computador portátil Netbook
2.º Un iPod de 3.ª xeración
3.º Unha consola Nintendo DSI XL

Ademais, todas as persoas gañadoras recibirán un lote de libros e música en galego.

martes, 13 de abril de 2010

PREGUNTAS DO MÉRCORES 14 DE ABRIL

Veña...que hoxe vai de adiviñas.

PREGUNTA 1


PREGUNTA 2


PREGUNTÓN DO LUNS 12 DE ABRIL

Aquí tedes as preguntas deste luns. Ánimo que son moi sinxelas.

PREGUNTA 1


PREGUNTA 2.

jueves, 8 de abril de 2010

PREGUNTÓN DO VENRES 9 DE ABRIL

Ola de novo... aquí tedes as últimas preguntas da semana. Ollo o dato, que valen tres puntazos!!!.

PREGUNTA 1


PREGUNTA 2

martes, 6 de abril de 2010

PREGUNTAS DO MÉRCORES 7 DE ABRIL

PREGUNTA 1



PREGUNTA 2


PREGUNTÓN DO LUNS 5 DE ABRIL

Ola querid@s preguntóns, xa vimos que vos aplicáchedes moito nestas  vacacións facendo as preguntas.  En realidade, despois de ver as  respostas as mesmas, estamos abraiados do voso "saber". E como pensamos que sodes uns investigadores infatigables, aquí vos deixamos as preguntas do luns.

PREGUNTA 1


PREGUNTA 2


VISITOUNOS ANXO FARIÑA

O ilustrador e debuxante Anxo Fariña visitou o noso centro para manter un encontro co alumnado de 1ºESO que na 1ª avaliación leu Os megatoxos e o aprendiz de druída.
Moito do noso alumnado, enganchado co seu primeiro libro, decidiu ler os outros dous títulos desta entrega: Os megatoxos e a espada esmeralda e Os megatoxos e os templarios da luz.

Contounos moitas cousas da súa obra como ilustrador e como autor, dos seus personaxes, das súas teimas ao debuxar. Explicounos como naceron os Megatoxos, converteu a Brais nun hipotético personaxe da serie, pois asegurounos que haberá unha cuarta entrega; e por suposto asinou os libros para deixar pegada en nós do seu paso polo noso centro. Grazas, Anxo, pola túa visita e por facernos gozar do teu bo facer.

Nos esquezades que podedes visitar a súa páxina e reflectir nela as vosas impresións sobre a súa obra http://introterrestres.blogspot.com/.

Tamén podedes facer comentarios no noso blogue.


Anxo Fariña falando dos Pelelliños

O alumnado gozando da exposición

 
Brais preséntase voluntario para que o debuxen

Anxo converte a Brais en Megatoxo

Anxo Fariña asínalles os libros aos alumnos

                      





domingo, 4 de abril de 2010

Concertos no Palacio da Ópera e no Auditorio de Galicia

O venres 12 de marzo, acudimos cos alumnos de 2º da ESO, a un concerto didáctico ofrecido pola Orquestra Sinfónica de Galicia no Palacio da Ópera da Coruña.

Este concerto está enmarcado dentro do ciclo de concertos didácticos ofrecidos pola OSG que pretende proporcionarlle ao alumnado as claves para entender, valorar e disfrutar o feito musical.

A obra é un conto, Diario dunha pulga, do monologuista galego Luis Piedrahita, que conta as peripecias dunha pulga que realiza unha viaxe musical por todo o mundo a bordo dunha variada fauna, toda presente na coñecida obra O Carnaval dos animais de Camile Saint-Saëns (1835-1921) xenialmente interpretada pola OSG.

Neste conto o contrabaixo convértese en elefante, os violíns en asnos, os pianistas en pianistas, que tamén son un tipo de animal segundo Camile Saint-Saëns, e mesmo se describen animais fantásticos, os Hemións, aquí os nosos alumnos e alumnas recoñeceron famosas melodías empregadas nas películas de Harry Potter.

Foi unha clase de música diferente, estivemos nun gran auditorio e vimos en directo unha orquestra sinfónica, porque a música non chega con oíla hai que vela.

Igualmente os alumnos de 4º ESO foron o dia 26 de febreiro ao Auditorio de Galicia en Santiago. Asistimos á proxección da película de Charles Chaplin The Kid con acompañamento de grupo de cámara.

Gozamos do encantador realismo da película, ás veces hilarante e outras entenrecedor, sempre sen palabras, pero perfectamente suplidas polo grupo de cámara, formado por violín, viola, violonchelo, clarinete e percusión, que enmarcaban a acción marabillosamente e mesmo imitaban os sons que non se escoitaban.

Ao remate visitamos a exposición dentro do auditorio, de Xóvenes artistas galegos.






jueves, 1 de abril de 2010

PREGUNTAS DO VENRES 1 DE ABRIL


 
Ola de novo, querid@s "preguntóns",

aínda que de vacacións,

sei que non poñeredes disculpas,

para facer estas novas preguntas.

Xa é a última quenda ata volta,

que seguiremos con outra,

e acordádevos de entregalas,

o martes de presa e con ganas.

PREGUNTA 1
 


PREGUNTA 2 .  "A APOSTA DA SEMANA"