lunes, 18 de marzo de 2024

PABLO RAÑALES ACHÉGANOS Á ESCRITURA CREATIVA


Hoxe tivemos o pracer de contar no noso centro, o CPI As Mirandas, co escritor e xornalista Pablo Rañales.  O autor da obra “Os afogados” guiou ao alumnado de 4º de ESO a través dun taller de escritura
creativa moi dinámico e enriquecedor.

Comezou desafiando ao alumnado a que escribirán en 3 minutos, sen parar, o que lles pasara pola cabeza, sen racionalizar a escrita, cousa que sorprendeu ao alumnado. Aínda así ao pouco estaban todos escribindo sen parar.

O longo da sesión deunos pautas e recursos para comezar a escribir un relato, instounos a explorar diferentes narrativas, de como transmitir unha historia nunhas poucas liñas, desafiounos a encontrar ese momento crucial ou idea matriz que desencadearía a nosa narrativa, falounos do conflito, dos personaxes, do contexto espazo-temporal, da estrutura…elementos fundamentais a ter en conta para a creación dun relato.

Un taller moi produtivo e interesante do que esperamos que o alumnado dea boa conta  e que lles serva para escribir os seus microrrelatos que poderán presentar en breve no IV Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos que organiza o Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro en colaboración coa Concellería de Cultura do noso concello.

Ao remate asinounos os seu libros que penduran dos andeis da nosa biblioteca.

Grazas, Pablo, pola túa inestimable colaboración.

 











No hay comentarios:

Publicar un comentario