Con esta actividade pretendemos que o alumnado do 1º ciclo de ESO coñeza as
historias de vida dos seus avós e avoas; as súas orixes, como viviron, como foi a súa xuventude,
cal era a forma de divertirse nos seus tempos... en definitiva, a súa historia.
Logo do traballo de investigación
realizarán ben unha gravación de audio, ben unha con imaxe e audio, tanto deles
como dos seus familiares. Nela recolleranse os resultados do traballo da
narración oral.
Obxectivos
· - Potenciar e estimular o uso oral do galego.
-Utilizar
ao propio alumnado como elemento dinamizador.
-Fomentar
a creatividade e a participación do alumnado.
-Potenciar
o diálogo cos maiores e rescatar a memoria histórica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario