Este proxecto pretende apoiar ao alumnado para que coñeza e, dalgunha maneira, entre a formar parte deste movemento global de mocidade
inspiradora. Todo isto, para fomentar o respecto e a valoración da diversidade
como algo enriquecedor, o consumo responsable, a conciencia ambiental, o
respecto aos DD. HH, o coñecemento
dos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento
Sostible) a igualdade de xénero... e ademais potenciar habilidades e actitudes
como o diálogo, a corresponsabilidade, a empatía, a resolución positiva dos
conflitos e a solidariedade, desde unha conciencia crítica, activa,
investigadora, non conformista e motivando o OPTIMISMO CARA O CAMBIO.
Así o pasado luns 18 de xaneiro tivemos o primeiro taller nas aulas como punto de inicio. Nesta ocasión coa visita de María Caride e Ángela quenes con grandes doses de entusiasmo e unha ollada moi positiva fixeron reflexionar ao alumnado de 1º e 2º de ESO sobre Que significa ser activista?.
No hay comentarios:
Publicar un comentario