Aos alumnos e alumnas de 4º que graduáchedes este ano, só desexarvos o
mellor na nova etapa que comezades e esperamos que volvades a facernos unha
visitiña de cando en vez.
Moita sorte a todxs.
AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación
Matemática) e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal)
convocaron a quinta edición de “Matemáticas na Raia”, un concurso de resolución
de problemas dirixido ao alumnado de 3º da ESO (9º ano en Portugal) no que o
noso alumnado de Matemáticas Académicas de 3º participou o 5 de marzo. Trátase
dun concurso que fomenta o traballo colaborativo, pois os grupos equipos son
grupos-clase completos.
O noso alumnado de 3º estivo preparándose
con varios simulacros e puxeron moita ilusión e miolos para resolver os cinco
problemas cós que a organización os retou.
Este grupo de 15 rapazas e rapaces estivo moi ben organizado
repartíndose o traballo durante a hora e media que durou a proba. Ese reconto
de triángulos levounos ao límite pero entregaron a tempo as solucións... As
vixilancias fanas profesorado que non imparte clase no centro que vai vixiar,
así que este ano Sindo, profesor do IES Fragas Do Eume estivo no CPI As Mirandas,
e Belén no IES Fragas Do Eume. O alumnado quere dar as grazas a Sindo polas
súas palabras de tranquilidade e pola súa cercanía, e tamén moitas grazas pola
acollida no Fragas Do Eume.