domingo, 22 de mayo de 2011

GAÑADORES Concurso Coca-Cola

Vox audita perit; litera scripta manet
(A palabra oída perece; a palabra escrita permanece)

Seguro que moitos e moitas de vós xa sabiades que catro alumnos de 2º da ESO do noso centro se presentaron ao concurso novos talentos de relato curto en galego que patrocina Coca Cola, pois si, tivemos catro talentos que se presentaron ao concurso e tres deles clasificáronse na fase provincial.
Marina, Roberto e Julián recibirán o seu merecido premio o día 27 en Compostela nun lugar emblemático, O Museo do Pobo Galego. Polo momento descoñecemos en que consiste o premio, a intriga manterase ata o final; ademais, ese mesmo día, desvelarán quen é a gañadora ou gañador autonómico e, quen sabe o que ocorrerá? De certo que calquera dos vosos compañeiros pode optar a este premio que supoñería un recoñecemento ao seu talento e traballo.
Coido que non é preciso que repita, o que con frecuencia vos digo: sodes moi bos. Este é momento de recordárvolo, non si?

Para Laura: Participar xa é gañar. Samuel Beckett dicía: "As palabras son todo o que temos". Ti tes a palabra, seguro que non tiveches o momento. As palabras son moito máis importantes que o momento, porque este perece, pero a palabra permanece.

5 comentarios:

  1. Parabéns aos nosos xóvenes talentos pola clasificación e participación no concurso de relatos, e as súas profesoras por animalos a participar e acompañalos. Seguide potenciando a lectura e a escritura, asegúrovos que o longo da vosa vida daravos moitas alegrías. Non deixedes de escribir, xa sabedes que non existen mais que dúas regras para elo: ter algo que contar e contalo. E como dicía alguén ( xa non me acordo do nome…), a escritura non é produto da maxia, senon da perseverancia. Así que xa sabedes, a perseverar...
    Noraboa a tod@s

    ResponderEliminar
  2. Parabéns, Marina, Roberto e Julián pola vosa clasificación na fase provincial. Ten razón Luísa. Todos sodes moi bos. Mesmo ti, Laura, que non tiveches o momento, pero atoparás outros ao longo do teu camiño.
    Non perdades o hábito de ler e escribir. Fainos libres.

    Achégovos un fragmento dun libro que sei que vos gustou:

    " - Axúdame e compartirás o poder conmigo.
    -Non me interesa o poder, somentes o libro- Simón puxo unha man enriba do volume e sentiu como este estremecía imperceptiblemente.

    Vivo.

    -Quemareino - ameazou Rol.
    -E que non o entendes, Rol? - dixo Simón-. Isto é o maior tesouro do mundo. Nas páxinas deste libro encérrase a maior esencia do home, a harmonía suprema, as mil e unha historias que son capaces de fluir delas.”

    Sierra i Fabra, Jordi: Donde el viento da la vuelta

    ResponderEliminar
  3. En primeiro lugar; Luisa, grazas polo comentario e por lembrarte de min. É verdade que a palabra é o máis importante que temos, o saber expresarse por medio delas así como narrar e inventar historias, para min é un don que pouca xente ten. Tamén é certo que o momento non foi oportuno, como xa che dixen ó chegar da proba; eu só espero que a palabra si permaneza porque o momento xa pasou e non hai volta atrás para cambialo.

    Maru; grazas a ti tamén por lembrarte, espero que si atope outros momentos nos que poida aproveitar o gozar de escribir para chegar a alguna parte, se teño oportunidade de que aparezan ou quizáis nunca ocorran; pero eu seguirei intentándoo. O poder das letras, que expresan sentimentos, é o máis profundo que pode existir; aínda que alguna xente só vexa un grupo de letras, é máis ca iso, hai que ir máis aló, porque todo é infinito. Sobretodo grazas por acompañarnos ás probas.

    Yoli; grazas a ti tamén, o máis importante é seguir escribindo, porque che gusta e porque disfrutas con elo. Antes de que soubéramos o do concurso xa escribíamos e a min polo menos facíame disfrutar, porque é algo inexplicable. Por non ser elexida unha soa historia que escribín nun mal momento, non vou deixar de imaxinar e crear novas historias.

    Pero non todo foi malo, porque nesta experiencia aprendín que tamén é bo perder para saber que non sempre a vida é doada, e asi ter novas experiencias para podelas plasmar nunha obra, como tamén ten que existir o desamor para escribir sobre el. Non todo na vida é gañar ou perder, porque os que gañan, gañaron, pero os que ás veces perden tamén gañan algo, o aprender a admitir as cousas e seguir adiante, porque se che gosta algo vas seguir facéndoo por moitas veces que o destino poña na túa contra barreiras, só hainas que romper para poder seguir camiñando, dar dous pasos cara atrás para poder avanzar un que será o máis grande. O certo é que era una gran oportunidade, un soño, pero haberá máis vagóns para montar noutras.

    Eu son moi extensa escribindo, só porque vos quería responder á miña maneira; pero os verdadeiros protagonistas son os meus compañeiros, que souberon escribir una historia seguro que magnífica, por iso eu deséolles toda a sorte do mundo e oxalá que algunha das súas historias sexa elexida e véxase recoñecido o seu inxenio saído dunha única foto e plasmado ao papel, porque ás veces unha imaxe non vale nin é máis boa que mil palabras.

    ResponderEliminar
  4. Ah… que sorpresa máis agradable!!
    Entrar no voso blog e atoparvos así, saíndo ao mundo… medrando.

    Que saibades que estou moi orgullosa de vós e que presumo moitísimo diante dos meus compañeiros: “Vedes? Estes nenos foron alumnos meus… levo unha parte deles comigo e moitas cousas que me ensinaron sen o saber.”

    Espero e desexo que teñades moita sorte coa vosa experiencia literaria, e se non gañades… non pensedes que todo foi en van. Un vello proverbio árabe di “Se vos empeñades en pegarlle unha pedrada á lúa non o conseguiredes, pero terminaredes sabendo manexar a tirafonda.”

    E eu vos digo que non vos trema o lapis á hora de encher unha páxina en branco. Poida que non escribades un libro, pero aprenderedes a tecer fantasías e a porlles nome aos vosos soños.

    Moitos bicos
    (e unha aperta colectiva como aquelas que tiñamos. Lembras, Laura?)

    Pilar, a que vos quere

    ResponderEliminar