Estivo tamén presente nunha das xornadas a concelleira de Servizos Sociais, Victoria Montenegro. Nesta xornada, Aspaneps entregou á nosa directora, Blanca Cortizas, o diploma acreditativo da realización do programa levado a cabo.
sábado, 25 de mayo de 2013
PROGRAMA DE ASPANEPS "PONTE NO MEU LUGAR" PARA O ALUMNADO DE 6º PRIMARIA
Estivo tamén presente nunha das xornadas a concelleira de Servizos Sociais, Victoria Montenegro. Nesta xornada, Aspaneps entregou á nosa directora, Blanca Cortizas, o diploma acreditativo da realización do programa levado a cabo.
Etiquetas:
Actividades no centro,
Aspaneps,
Primaria
sábado, 18 de mayo de 2013
INFORMATIVO TV "TESMOITALINGUA"
Programa dos servizos informativos do canle "Tesmoitalingua" sobre a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño.
viernes, 17 de mayo de 2013
GAÑADORAS CONCURSOS DE RELATO CURTO
Desde aquí queremos dar a en hora boa as alumnas Ana Martínez de 1º da ESO e Raquel Rivera de 2º da ESO por gañar sendos concursos de relato curto.
Ana co relato titulado "A pedra de luar", quedou gañadora do "I CONCURSO DE RELATO CURTO" que o Concello de Ares organizou co gallo do Día das Letras Galegas.
Raquel quedou gañadora provincial do "Concurso COCA-COLA de novos talentos Premio Relato Curto".
Parabens as dúas polo traballo ben feito!!!
DE VERSO EN VERSO
Como todos sabedes, este ano o Día das Letras Galegas achéganos a Roberto Vidal Bolaño. No noso cole quixemos homenaxear a esta figura central da literatura e do teatro galegos que destacou pola súa dramaturxia e pola súa implicación na profesionalización dun teatro propio e na lingua propia de Galicia, sen esquecernos de lembrar a tod@s eses xeniais escritores galegos que, “verso a verso”, exaltaron e levaron a nosa lingua por toda Galicia e máis aló das nosas fronteiras.
Entre todos os niveis educativos do colexio realizamos unha escolma de poemas que ilustramos con diferentes técnicas, desde collage, ata debuxo, pasando polo deseño gráfico que fixeron os alumn@s da ESO. Con eles decoramos as portas das nosas aulas.Tamén realizamos murais e contos ilustrados.
Entre todos os niveis educativos do colexio realizamos unha escolma de poemas que ilustramos con diferentes técnicas, desde collage, ata debuxo, pasando polo deseño gráfico que fixeron os alumn@s da ESO. Con eles decoramos as portas das nosas aulas.Tamén realizamos murais e contos ilustrados.
Felicitar a profe Chicha polo magnífico retrato que pintou de Roberto Vidal Bolaño e que ilustra, de xeito espléndido, toda a mostra de traballos realizados para conmemorar o Día das Letras Galegas no noso colexio.
Aquí tedes o magnífico resultado!!!
ENTREGA DE PREMIOS DA V EDICIÓN DO CONCURSO "O PREGUNTÓN” 2013
O xoves 16 de
maio tivemos o acto de entrega dos premios do xa veterano concurso “O Preguntón”,
organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro en
colaboración coa Biblioteca Carabela.
Nun salón cheo de
rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria e da ESO, a nosa directora, a coordinadora do EDL
e a coordinadora da Biblioteca entregaron os premios aos gañadores e finalistas así como un diploma a todos os rapaces e rapazas que participaron nesta V edición do
concurso. Desde aquí queremos felicitar a todos os rapaces e rapazas
participantes polo ben que o fixeron e xa sabedes... esperámosvos na VI Edición do Preguntón.
Aquí tedes un pequeno
vídeo do acto de entrega de premios.
miércoles, 15 de mayo de 2013
O LAPIS DE ROSALÍA.
Os alumnos/as de 5º están preparando a lectura do libro de Antón Cortizas " O Lapis de Rosalía " para o alumnado de E.I., primeiro e segundo ciclo de E.P.. Empregarán esta fermosa adaptación feita pola profe Marina e con música do cuarteto de corda The Bass Gang, interpretando Swing K-1000 de Simón García.
Estou segura de que vos vai gustar.
martes, 7 de mayo de 2013
ESTE ANO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS ADÍCASE A "ROBERTO VIDAL BOLAÑO"
O Día das Letras Galegas deste ano 2013 está dedicado a unha figura
central da literatura e do teatro galegos. Roberto Vidal Bolaño
(Santiago de Compostela, 1950-2002) destacou pola súa dramaturxia, mais
tamén pola súa achega ao daquela emerxente audiovisual galego e pola súa
implicación na profesionalización dun teatro propio e na lingua propia
de Galicia no que participou como actor, como director, como
iluminador...
É de destacar desta
inmensa figura o seu compromiso co idioma. Non só toda a súa obra está
escrita integramente en galego, senón que, se hoxe o teatro profesional
funciona na nosa lingua, é grazas ás persoas que, coma el, o construíron
estreitamente ligado a ela.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística co fin de difundir a figura e
o legado de Roberto Vidal Bolaño entre a comunidade educativa dos
diferentes niveis de ensino non universitario, pon á disposición dos
centros escolares os seguintes materiais que atoparedes nos enlaces de abaixo.
- • Guía
e carteis da exposición gañadora destinada aos centros de educación
infantil e primaria, “Autor, actor e público do aquí”, elaborados polo
CEIP ADR Castelao de Rianxo. • Guía e carteis para educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas especiais.
lunes, 6 de mayo de 2013
PREGUNTAS ÚLTIMA SEMANA PREGUNTÓN
Ola, queridos e queridas preguntóns, xa vedes que pronto pasa o tempo e de pregunta en pregunta, chegamos a última quenda delas. Esmerádevos ben nas vosas respostas para acadar a máxima puntuación. Xa sabedes que tedes ata o luns 13 de maio para entregar as últimas respostas.
O día 16 de maio, víspera do Día das Letras Galegas entregaremos os premios aos gañadores e diplomas a todos e todas os que participáchedes.Moita sorte e grazas pola vosa participación nesta edición.
PREGUNTAS
sábado, 4 de mayo de 2013
OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 3º E 4º DE ESO DO NOSO CENTRO PARTICIPARON NO II ENCONTRO DE ALUMNOS DE MÚSICA DE GALICIA EN VILAGARCÍA
O pasado día 26 de Abril, o alumnado de Música de 3º e 4º de ESO
participou no II Encontro que tivo lugar no Auditorio de Vilagarcía,
encontro organizado polo profesorado de Música de Secundaria e
Bacharelato de Galicia.
Asistiron alumnos de 15 institutos da comunidade galega, que actuaron
representando temas de Luar na Lubre, Son de Seu, Milladoiro, Carlos
Núñez. xa que a temática do encontro era relacionada coa música creada
en Galicia, ..... e demostrando o aprendido neste curso.
Unha xornada moi divertida na que o noso alumnado ademáis de
demostrar o seu saber instrumental, acompañaron a súa interpretación con
fotografías de Ares, e tiveron a oportunidade de compartir experiencias
con outros rapaces doutros centros enriquecendo así a súa cultura
musical.
Os nosos parabéns, ao alumnado e á profesora Teresa Frieiro.
Déixovos unha breve mostra da experiencia:
jueves, 2 de mayo de 2013
¡¡¡ GAÑADORAS DO CONCURSO AUTONÓMICO DA ONCE!!!!
REITERAMOS OS NOSOS PARABÉNS AO GRUPO DE RAPAZAS DE 3º ESO, "AS CAMBIACONCIENCIAS" formado por Laura Pita, Sara Martínez e Judith Rouco de 3º ESO, GAÑADORAS NA FASE AUTONÓMICA DO CONCURSO DA ONCE que pasan directamente á FASE NACIONAL representando a Galicia NA CATEGORÍA D.
Ánimo e seguir coa concienciación. Grazas polo voso traballo.
Aquí podedes ver de novo vídeo gañador:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)