CANTAMOS A ROSALÍA DE CASTRO
Para conmemorar o Día de Rosaslía, 23 de febreiro, realizamos unha actividade creativa na que os alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de escribir letras inspiradas nela. O máis emocionante foi que, coa axuda da intelixencia artificial, as nosas letras cobraron vida e convertéronse en fermosas cancións. Foi unha experiencia máxica ver como as nosas palabras se transformaban en cancións, permitindo que a esencia da poesía de Rosalía resoase de novas maneiras e diferentes estilos musicais.
AUDICONTO "O MUNDO DAS CORES". UN CONTO POLA IGUALDADEROSALÍA É ETERNA
Podcast de radio realizados polo alumnado de 2º de ESO no proxecto Mulleres que Fixeron Historia dentro das actividades do 8M.O alumnado investigou sobre a vida de mulleres que para eles foron referentes en distintos campos como literatura, ciencia, moda, deporte...
Aquí podedes escoitar os seus podcast.
Entrevista ao matrimonio Curie ( Por Adrián, Leo e Lucas)
Sofía Casanova e Rosalía de Castro falan da súa vida ( Por Sofía e Malena)
Coco Chanel e James Goodall coñécense tomado un café (Por Paula e Sara)
Álvaro entrevista á poetísa Rosalía de Castro (Por Álvaro e Martina)
Carlos entrevista a Alexia Putellas (Por Carlos e Bega)
Hugo fala da vida de Vero Boquete (Por Hugo Sánchez)
Podcast no Día Escolar da Paz e a Non Violencia
Programa sobre o Día da muller traballadora
Teatro en galego, polos alumnos de 4º ESO
Audiconto: Adaptación do conto A que sabe a lúa?.
Adaptación do conto "A ratiña presumida"
Programa co gallo da celebración
do Día Escolar da Paz e a non Violencia
Programa de Nadal
Xa está aqui o Nadal e con él estreamos o primeiro programa da canle "Tesmoitalingua nas ondas". O alumnado de 2º da ESO realizou en riguroso directo un programa especial Nadal. Podedes escoitalo premendo debaixo. Esperamos que vos guste.
No hay comentarios:
Publicar un comentario