O alumnado de 1º e 2º de
Primaria gozou hoxe dunha fermosa actividade ao aire libre no pinar de Ares.
Foi unha mañá chea de aprendizaxe, descubrimentos e moita ilusión.
Grazas á compañía de
Celsa, quen compartiu con nós o seu gran coñecemento sobre as árbores, os nenos
e nenas puideron aprender moitas curiosidades sobre a natureza que nos rodea.
Descubrimos que existen diferentes tipos de follas —como as palmeadas e as aserradas—,
o nacemento dun Arce galego de forma ventureira... Aproveitando así para falarlles do xarope de arce e dos seus
froitos, cos que, por suposto, xogamos e fixemos voar con moita alegría.
Esta actividade marca o
comezo do noso novo proxecto nas aulas: “O bosque máxico”. A partir de agora,
os nosos pequenos e pequenas detectives converteranse en investigadores e
investigadoras do mundo dos bosques, explorando as árbores, os animais que os habitan
e todos os froitos e recursos que podemos atopar neles e aproveitar na nosa
vida cotiá.
Un día inesquecible que
nos abre as portas a un trimestre cheo de natureza, maxia e aprendizaxe!