DÍA PAZ 2023

 

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA 2023

PROPOSTA ACTIVIDADES CONXUNTAS PARA O DÍA DA PAZ

 O 30 de xaneiro celébrase o Día escolar da Paz e a Non Violencia. Como proposta de actividade conxunta de todo o cole (a maiores do que cada curso traballe na súa aula) suxerimos as seguintes accións:

1.- DEBUXAR UN SÍMBOLO DA PAZ  E REDACTAR UNHA FRASE (en galego) PARA POÑER EN CADA PORTA DAS DISTINTAS AULAS. (Sacarase unha foto de cada unha das portas e farase un mural collage con elas).

2.-  LUNS DÍA 30 DE XANEIRO. ACTO DE TODO O ALUMNADO DO CENTRO NA PISTA DO COLE.

O luns día 30 de xaneiro xuntarémonos todos os cursos para ler as frases que previamente se pegaron na porta da aula (para ler elixirase un neno ou nena por curso). De seguido cantarase a canción “Mensajes del agua” https://www.youtube.com/watch?v=9oKesiDF4A0

Enviamos vídeo signado da parte do estribillo para que os nenos e as nenas intenten aprendelo e facelo como coreografía nesa parte da canción.

Neste enlace está o estribillo grabado polas alumnas de 3º ESO

https://www.youtube.com/shorts/Gxm5944W8CA



No hay comentarios:

Publicar un comentario