O luns 29 de abril as alumnas e alumnos de terceiro de ESO fomos de excursión a Lugo.
Subimos ao bus e saudamos o condutor, estivemos durante 1 hora e 50 minutos no bus para chegar a Lugo. Cando chegamos fomos visitar o “Vello Cárcere”, un museo dedicado aos represariados durante a Guerra Civil e a Ditadura Franquista. Unha guía explicounos a exposición.
Chamounos moito a atención a estrutura do edificio, tamén as historias e as cartas das persoas que estiveron alí prisioneiras. O máis impresionante foi a cela cos nomes de todos os presos.
Cando rematou a visita ao cárcere dispersámonos por Lugo para xantar.
Pola tarde fomos ao Castro de Viladonga, gustounos a vista do Castro porque nos puidemos facer a idea de como era antigamente a vida nel e como vivían os nosos ancestros.
Ao final, o mellor das excursións é gozar delas todos xuntos.
Alumnado de 3º ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario