Dentro do programa Observa-Acción hoxe, 3 de abril, contamos coa visita no noso centro de profesorado do CPI Castroverde de Lugo e dunha persoa asesora do CFR.
Esta visita forma parte da fase intercentros
"Acolle" do Programa Observa-Acción da Xunta de Galicia. Foi unha
xornada moi enriquecedora na que se produciu un intercambio de ideas e de
impresións que axudarán a mellorar as prácticas docentes en ambos centros
educativos.
Durante a xornada o profesorado visitou as
instalacións do colexio, realizaron observacións nas aulas, coñeceron os
proxectos máis destacados do noso centro e intercambiaron reflexións cos nosos
docentes. A través desta experiencia de
intercambio trataremos de descubrir elementos que sirvan para transferir na
nosa práctica docente e así mellorar a calidade do noso traballo para que
repercuta no conxunto da comunidade educativa.
O programa Observa-Acción ten como finalidade a
mellora da práctica docente.
Este programa esta deseñado para levarse a
cabo durante dous cursos académicos e
consta de catro fases (dúas en cada ano lectivo):
1. Observa_Acción. Fase Intracentros
(Comparte) entre docentes do mesmo centro educativo.
2. Observa_Acción. Fase Intercentros (Acolle)
dirixida a equipos de docentes de varios centros de todo o ámbito da comunidade.
3. Observa_Acción. Fase Estatal (Conecta) colaboración entre diferentes comunidades
autónomas adheridas ao plan.
4. Observa_Acción. Fase Europea
(Internacionaliza) experiencia de
Observa_Acción visitando un centro educativo dun dos países socios europeos.
A NOSA ESCOLA. (Vídeo resumo)
No hay comentarios:
Publicar un comentario