Unha vez xa dentro comezamos a visita xunto ao
Palacio de Xelmírez, considerado unha das principais construcións civís do
románico en España, alí a guía explicounos a dificultade que tiveron para
construír a catedral de Santiago polo desnivel que tiña o terreo e tras unha
breve introdución pasamos a ascender os seus 105 chanzos ata chegar aos
tellados.
Tras ascender os chanzos e saír pola porta que
dá acceso ás cubertas obtemos unhas vistas privilexiadas da mesma catedral e da
cidade de Santiago.
Nesta foto podemos ver a famosa Berenguela. A torre do reloxo da catedral de Santiago chámase Berenguela por un arcebispo da Idade Media que construíu a torre para defender a Catedral.
É por ese mesmo motivo polo cal o tellado da catedral é graduado, para facilitar que se puidese ir camiñando para defender a catedral e a cidade de Santiago de posible ataques.
Unha curiosidade sobre a Berenguela é que o
seu reloxo só ten unha agulla, tan só marca as horas. Na torre tamén se atopa a
campá que se chama igual que a torre e pesa nada menos que 6.433 quilos.
Rematamos na Alameda
e chegou a hora de xantar. Tiñan diferentes opcións, algúns levaron a comida e
xantaron na Alameda onde tiñan un lugar estupendo; outros optaron polo
equilibrado menú do Burguer ou unha pizza. Todos comemos a presa porque o tempo
fíxose pouco e xa tocaba volver a casa .
Chegamos cansos pero contentos!. Un día
xenial.
Aquí podedes ver un vídeo resumo da xornada
No hay comentarios:
Publicar un comentario