O próximo día 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. Neste día, ademais de conmemorar o aniversario da morte de Gandhi, trataremos de imaxinar un mundo sen violencia, sen guerra, sen odio, sen prexuízos, sen pobreza... un mundo no que todos poidamos vivir en harmonía e igualdade.
O obxectivo deste día é resaltar a importancia da educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto polos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. E destacar o papel dos centros educativos como instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.
O educador e pacifista que fundou no ano 1964 o Día Escolar da Non Violencia e a Paz foi Lorenzo Vidal. Se queredes saber máis sobre el e a súa obra podedes picar no seguinte enlace: Lorenzo Vidal
Aqui podedes ver unha mensaxe que vos deixa aos rapaces e rapazas do cole
:
:
Aquí temos algúns dos deseños convertidos en pegatinas,que fixeron os rapaces e rapazas do noso cole.
O día da paz ten que celebrarse todos os días do ano. Loitemos e poñamos o noso gran de area para facer que a nosa vida e da vida dos que nos rodean sexa feliz e en paze harmonía.
ResponderEliminarNa miña clase fixemos uns logotippos que logo convertimos en pegatinas, as repartimos entre o alumnado e o profesorado, quedaronos moi chulas.
ResponderEliminarDecoramos os pasillos, con accesorios do dia da paz.
O dia da paz deberia de ser todos os dias, e que en vez de guerras e batallas campales, deberiamos resolver os prblemas con debates e dialogando.
E asi abria moitos menos nenos, mulleres, homes que morren dia a dia.
Eu penso que a paz ten lograrse todos días .No cole fixemos unhas pegatinas pero non has fixemos para divertirnos senon para colaborar e contribuir así a poñer un grao de area para fomentar a paz no noso colexio.
ResponderEliminarNo meu colexio,o Conde de Fenosa,fixemos unhas pegatinas moi bonitas,
ResponderEliminarAs repartimos polo patio a todo o alumnado e profesorado.
Esto o fixemos polo dia da paz.Puxemos o noso gran de area e contribuimos coa xente.
Non debe haber guerras no mundo , e menos no dia da paz.
Ainda que o dia da paz celebrouse o 30 de Xaneiro , deberiase celebrar todos os dias.
O dia da paz deberia de ser todos os dias do ano non so o 30 de xaneiro, pero a xente cre que so ten que portarse ben ese dia. Debemos ser amigos de todos e saber perdoar. En honor a este dia os alumnos de todo o colexio fixemos pegatinas do dia da paz con debuxos e frases e palabras con motivo de paz. Tamen fixemos unhas banderiñas e as colgamos polos pasillos do colexio e quedou moi ben. Como o dia da paz cadraba en domingo pois o tivemos que facer o 28 de Xaneiro en vez do 30 de Xaneiro, cada profesor que entraba na clase pegabamoslle unha das nosas pegatinas na roupa e ao cabo do dia case todos os alumnos e profesores do centro tiñas mais de 3 pegatinas.
ResponderEliminarO día da paz o celebramos o día 28 de Xaneiro no noso colexio: O Conde de Fenosa, xa que o 30 era Domingo e non o puidemos celebrar.
ResponderEliminarPodíanse facer diversas actividades: podiamos colorear banderines ou podiamos recortalo, logo esos banderines os colgamos con cordas polas clases etc.
Tamén fixemos unhas pegatinas cos seus logotipos que fumos pegando ao alumnado e ao profesorado.
Eu creo que non debería haber guerras no mundo e menos o día da paz.
O pasado venres no meu colexio celebrouse o dia da paz mundial.Fixemos unha festa,pegatina que repartimos polo colexio.pasamolo moy ben.
ResponderEliminarO venres pasado celebramos o dia da paz facendo pegatinas no colexio e pegandoas ao alumnado e ao profesorado.O dia da paz e un dia para amañar todos os problemas dialogando e sen insultarse e sen agredirse.
ResponderEliminardesde o noso colexo loitamos pola paz.
O 30 de xaneiro celebramos no noso colexio o dia da paz e fabricamos pegatinas e fumos pegando polo colexio e tamen aos profesores. A paz hai que empregala sempre en vez da violencia.
ResponderEliminarO día da paz celébrase o 30 de Xaneiro ,no noso colexio fixemos unhas pegatinas e no recreo estivémolas pegando a xente representando cada unha delas a paz con símbolos moi diferentes .O día da paz e uns dos días máis importantes ,porque representa a felicidade con todas as persoas.
ResponderEliminarNa miña clase fixemos uns logotipos e banderines para o dia da paz.
ResponderEliminaro dia da paz debe ser sempre