martes, 31 de enero de 2023

CONMEMORACIÓN DO DÍA ESCOLAR DA PAZ

O luns 30 de xaneiro de 2023, conmemoramos o Día Escolar da Paz e da Non Violencia nun acto conxunto no que todo o alumnado e profesorado do centro visibilizamos unidos o noso compromiso cara á erradicación da violencia e o establecimento dunha cultura da paz no noso día a día. 

Os nenos e nenas de cada clase leron as mensaxes de paz coas que adornaron as portas das súas aulas  e  rematamos o acto cantando a canción “Mensajes del agua”.


sábado, 28 de enero de 2023

DÍA ESCOLAR DA PAZ 2023 NO CPI AS MIRANDAS

 O próximo luns 30 de xaneiro celébrase o Día escolar da Paz e a Non Violencia. Previo ao acto que toda a comunidade educativa realizará o luns, quentamos motores coa canción que imos a interpretar en Lingua de Signos. A canción titúlase mensajes del agua de Macaco e o vídeo foi realizado polo alumnado de 3º de ESO.

Tamén o alumnado de 3ºB sumouse aos actos previos cantando a canción Heald de world de Michael Jackson

viernes, 27 de enero de 2023

DÍA INTERNACIONAL DE CONMEMORACIÓN EN MEMORIA DAS VÍTIMAS DO HOLOCAUSTO

 Cada ano o 27 de xaneiro, a UNESCO rende tributo á memoria das vítimas do Holocausto e ratifica o seu compromiso de loitar contra o antisemitismo, o racismo e toda outra forma de intolerancia que poida conducir a actos violentos contra determinados grupos humanos. O 27 de xaneiro conmemórase a liberación en 1945 polas tropas soviéticas do campo de concentración e exterminio nazi de Auschwitz-Birkenau. Esa data foi oficialmente proclamada, en novembro de 2005, Día Internacional en Memoria das Vítimas do Holocausto.

   Hoxe, 27 de Xaneiro, lembramos ós millóns de homes e mulleres que sufriron ou morreron nos campos de exterminio nazis. Entre eles miles de españois e galegos e tamén da nosa comarca de ferrolterra. Na súa memoria e, en agradecemento á súa loita polos dereitos que son de todos e que hoxe gozamos, en parte grazas a eles, achegámonos cos alumnos de cuarto da ESO ao monumento que os lembra para amosar o noso agradecemento.

 

lunes, 23 de enero de 2023

CONCURSO DE RECITADO POÉTICO "ROSALÍA SEMPRE VIVA"

Achegamos información sobre o Concurso escolar de recitado de poesía Rosalía sempre viva. Este certame, que convoca a Casa-Museo Manuel María, está dirixido para o alummnado de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos de todos os centros educativos de Galiza. O prazo de preinscrición para os centros interesados en participaren na iniciativa remata o martes, 24 de xaneiro.

 

Rosalia Sempre Viva 23 by veracruces on Scribd

domingo, 15 de enero de 2023

CHEGAMOS AO REMATE DO NOSO PROXECTO . ALUMNADO 1º CICLO DE E.P.

 Ben, chegamos ao remate da nosa aventura. Canto aprendemos na busca do tesouro da ría de Ares, que resultou ser unha especia, o cravo. A partir das nosas investigacións  descubrimos unha morea de cousas novas e fixemos un traballo cooperativo impresionante.

Queremos dar a grazas a Dani Magariños e aos nenos e nenas de Cádiz por colaborar con nós nesta aventura e... xa estamos preparados para un novo reto!

Aquí vos deixamos o último capítulo.

martes, 10 de enero de 2023

GRAZAS AOS NOSOS MAIORES

 Que cousa tan bonita recibimos dos/as maiores do  Centro de Día. Despois de enviarlles as nosas postais, agasalláronnos cunha preciosa postal e dedicatoria así como cuns marabillosos axóuxeres ou maracas  que fixeron coas súas fermosas mans. Nesas mans nas que reside a sabedoría que debemos recuperar. Mans que tocaron terra, xente e mundo, e que gardan na súa pel o recordo do amor feito, do traballo feito, da vida pasada, da dor superada e o que foi e será, de momentos cargados de sentido, e dos que nunca o terán. E damos grazas porque sigan vivas e acompañándonos. Poucas cousas hai nesta terra que provoquen un maior sentimento de misterio e amor.

                                                                        Grazas por tanto!.