🌐 Entre o venres pasado e este luns, 22 de abril, o alumnado de 1º e 2º da ESO do centro educativo CPI As Mirandas recibiu varias charlas impartidas polo equipo docente de Rural TIC Ares, o programa de divulgación de tecnoloxía que se está a desenvolver até o 26 deste mesmo mes na vila, no marco da colaboración do Concello co Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana.
🌐 En
sesións diferenciadas, as docentes traballaron nas aulas coa rapazada para
reflexionar conxuntamente sobre os riscos da Internet, mais tamén dun bo manexo
das redes sociais e a importancia de ter en conta a pegada que se deixa na
contorna virtual, é dicir, toda a información e contidos sobre un mesmo que
fican accesibles nos buscadores.
🌐 Con
vídeos e unha metodoloxía interactiva, o programa Rural TIC achegou
coñecementos específicos para promover unha presenza virtual de maior calidade
e, sobre todo, moito máis segura!
No hay comentarios:
Publicar un comentario