martes, 23 de junio de 2020

ENTREGA DE NOTAS E….FELICES VACACIÓNS!

Hoxe os rapaces e rapazas da ESO volveron ao cole, con todas as medidas de seguridade, para recoller as súas notas. Desde aquí queremos desexarvos un bo verán con sentidiño, xa sabedes, e vémonos á volta.
Aos alumnos e alumnas de 4º que graduáchedes este ano, só desexarvos o mellor na nova etapa que comezades e esperamos que volvades a facernos unha visitiña de cando en vez.

Moita sorte a todxs.








jueves, 18 de junio de 2020

ACTO DE GRADUACIÓN VIRTUAL DO ALUMNADO DE 4º ESO. CPI AS MIRANDAS


Hoxe, nun  emotivo acto virtual entre melancólico e alborozado,despedimos aos nosos  alumnos e alumnas de 4º de ESO.  Unha mestura de satisfacción polo deber cumprido por uns e por outros, e de tristeza polo que supón de despedida entrañable tras tantos anos de convivencia como membros do CPI As Mirandas. Tod@s nós quixeramos que este acto de graduación fora máis cercano e puideramos abrazarnos, pero como dixo Richard Bach, a amizade e o afecto non dependen de cousas como o espazo e o tempo así que, aínda que lonxe fisicamente, sentímosvos moi preto.
Moitos dos vosos profes que, ao longo de todos estes anos vos acompañaron nesta vosa andaina educativa, tamén quixeron gravar unhas cariñosas palabras de despedida que podedes ver no vídeo pendurado máis abaixo.

Para rematar querémosvos desexar de corazón toda a sorte do mundo na nova etapa que comezades, e recordarvos que sempre teredes abertas as portas deste, o voso cole.

Parabens  e… moita sorte!!!



        

        

A continuación se premedes na imaxe, podedes ler o discurso de Jéssica Criado de 4º ESO B



lunes, 15 de junio de 2020

AS NOSAS ALFOMBRAS FLORAIS CRUZAN FRONTEIRAS. PROXECTO ERASMUS + TRADICIÓNS

Grazas ao alumnado e as familias do CPI AS Mirandas de Ares por contribuir a espallar a nosa tradición das alfombras florais máis aló das nosas fronterias a través do Proxecto ERASMUS+.
Parabéns pola labor que fixéstedes esta fin de semana nas vosas casas elaborando esas alfombras florais tan belas e creativas e sobre todo, por seguir mantendo vivas as nosas tradicións. 
Sodes o futuro. Noraboa!!!





PREME NA FOTO  PARA VER A NOTICIA NO  XORNAL


viernes, 12 de junio de 2020

CPI AS MIRANDAS. XORNADAS DE ACOLLIDA VIRTUAIS PARA O ALUMNADO QUE REMATA EDUCACIÓN PRIMARIA E INICIA A ETAPA DE ESO

Este curso, por mor da crise sanitaria que estamos a vivir, as xornadas de acollida para o alumnado de 6º de EP que comeza a ESO non puideron ser presenciais, polo que o Departamento de Orientación preparou este plan de acollida virtual. Grazas a Begoña á nosa orientadora e ás alumnas de 1º de ESO Nagore, Antía e Alba que colaboraron na realización desta presentación.


4RR454ND0 C045 M473M471C45 N0 CP1 45 M1R4ND45 (ARRASANDO COAS MATEMÁTICAS NO CPI AS MIRANDAS)

AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática) e a APM (Asociación do Profesorado de Matemáticas de Portugal) convocaron a quinta edición de “Matemáticas na Raia”, un concurso de resolución de problemas dirixido ao alumnado de 3º da ESO (9º ano en Portugal) no que o noso alumnado de Matemáticas Académicas de 3º participou o 5 de marzo. Trátase dun concurso que fomenta o traballo colaborativo, pois os grupos equipos son grupos-clase completos. 

O noso alumnado de 3º estivo preparándose con varios simulacros e puxeron moita ilusión e miolos para resolver os cinco problemas cós que a organización os retou.  Este grupo de 15 rapazas e rapaces estivo moi ben organizado repartíndose o traballo durante a hora e media que durou a proba. Ese reconto de triángulos levounos ao límite pero entregaron a tempo as solucións... As vixilancias fanas profesorado que non imparte clase no centro que vai vixiar, así que este ano Sindo, profesor do IES Fragas Do Eume estivo no CPI As Mirandas, e Belén no IES Fragas Do Eume. O alumnado quere dar as grazas a Sindo polas súas palabras de tranquilidade e pola súa cercanía, e tamén moitas grazas pola acollida no Fragas Do Eume.  
Este ano a publicación dos gañadores retrasouse pola situación provocada pola pandemia pero por fin xa o sabemos... e o noso equipo de 3º Académicas proclamouse gañador desta edición. Noraboa a todas as rapazas e rapaces polo ben que o fixeron!!!!!  Non poderán desfrutar do premio de pasar unha fin de semana nunha cidade do norte de Portugal pola situación que estamos a atravesar pero deben estar moi orgullosos por todo o que fixeron, e saber que a vida porá nos seus camiños moitas oportunidades de xogar coas Matemáticas. Esperamos xa con moitas ganas a VI Edición de Matemáticas Na Raia.