viernes, 23 de febrero de 2024

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA NO CPI AS MIRANDAS

 Hoxe  23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía, data na que se conmemora o aniversario do nacemento dunha das maiores referentes da nosa literatura. E para homenaxeala o alumnado do cole realizou unha lectura da súa obra a carón do mural que fixeron os alumnos da ESO.


O alumnado de 1º de ESO leu o manifesto que a Asociación de escritores e escritoras   en Lingua Galega difundiu neste día.


Tamén os pequenos de primaria colorearon debuxos coa cara de Rosalía para decorar a súa aula.  



Os pequerrechos de infantil recitan a Rosalía


O alumnado do terceiro ciclo de primaria realizou un precioso mural para conmemorar o Día de Rosalía e uniuse ao recitado colectivo da súa obra.




Un día para recordar á escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas que asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento.

jueves, 22 de febrero de 2024

EXPOSICIÓN 11 DE FEBREIRO: DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 O 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Desde a Biblioteca  queremos contribuír á visibilización do labor de diferentes mulleres ao longo da historia no ámbito científico, polo que vos ofrecemos unha mostra dos seus traballos na escolma bibliográfica do acceso á Biblioteca. Non vola perdades!


miércoles, 21 de febrero de 2024

SPORURAL. EN CONTACTO CO DEPORTE INCLUSIVO

A Concellería de Deportes do Concello de Ares, en colaboración co CPI As Mirandas e no marco da iniciativa europea SPORURAL ERASMUS +, xunto coa colaboración do aresán Álvaro Illobre e a Asociación ADM Ferrol, adicada á inclusión de persoas con discapacidade na práctica de actividades físicas e deportivas , puxeron en marcha  unha xornada de deporte inclusivo.

 A rapazada de 4º da ESO do CPI As Mirandas  entrou en contacto directo co deporte inclusivo realizando actividades como é desprazarse en cadeira de rodas, xusto como ten que facer calquera compañeiro ou compañeria con mobilidade reducida no seú día a día.

 Como é o desprazamento nunha cadeira de rodas? Que problemas inesperados se afrontan e que obstáculos aparecen no día a día? Son algunhas das preguntas que os mozos e mozas de 4º da ESO respostaron vivíndoo directamente na contorna do Porto.

Os rapaces e rapazas subíronse a unha cadeira de rodas e comprobaron de primeira man como é esa experiencia.  Todo isto cun obxectivo claro: fomentar a empatía e a comprensión das dificultades dunha persoa con mobilidade reducida, aprendendo a mirar a súa contorna doutro xeito máis inclusivo e aberto.

 




viernes, 16 de febrero de 2024

QUE BONITO É O AMOR!

 San Valentín xa pasou, pero as palabras quedaron...


QUE BONITO É O AMOR! de Bárbara Sánchez Lorenzo

viernes, 9 de febrero de 2024

ENTROIDO DE CINE NO CPI AS MIRANDAS

Aínda que este ano o tempo non nos acompañou para que puidésemos desfilar polas rúas de Ares, non deixamos de celebrar o noso tradicional entroido. Este ano a temática foi de cine, nunca mellor dito. Polo pabillón do cole desfilaron personaxes de emblemáticas películas de todos os estilos: Robin Hood, Piratas do Caribe, Karate Kid, Air Bud, Mary Popins, 101 Dálmatas, Charlie e a fábrica de chocolate, Mario Bros, Os Pitufos, Loca académia de policía...acompañados dun grande equipo técnico de profes.

Rematamos a xornada degustando uns riquísimos doces de entroido: orellas, freixos, rosquillas, chocolate.... Unha xornada estupenda!.

 En hora boa a todas e todos, e aquí vos deixamos uns pequenos vídeos da xornada.