Obradoiros para aprender a manexar e manter unha bicicleta
🚴♂️ ‘Rodas
escolares’ é o nome que recibe a última proposta da Concellaría de Deportes que
involucra á rapazada do CPI As Mirandas tanto de primaria coma secundaria: un
conxunto de actividades para coñecer unha bicicleta, manexala nunha contorna
natural e coñecer que se precisa para tela a punto.
🚴♀️ Onte
arrancou esta iniciativa cunha pequena charla práctica no pavillón
polideportivo de Ares, en colaboración co CafeKom. Ata alí foron os e as
estudantes do noso centro educativo As Mirandas e aprenderon como engrasar unha
cadea ou regular o freo, cal é o inflado adecuado, como sinalizar manobras ou
axustar o sillín e manillar á súa altura.
🚴 Todo o coñecemento que adquiran poderán
poñelo en práctica a próxima semana, pois a proposta do Concello abrangue tamén
unha saída dende o CPI pola contorna aresán coas propias bicicletas, todas en
correcto estado de mantemento para o seu emprego.
🚴♂️ Rodas
escolares é unha iniciativa enmarcada dentro de Sporural, o proxecto do Erasmus
+ Deportivo no que se inscribe Ares, xunto con outras localidades de Hungría ou
Grecia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario