O Equipo de Dinamización Lingüística (EDLG) e a Biblioteca Escolar Carabela organizan a VII Edición do Concurso de deseño de cubertas de libros. Con esta iniciativa preténdese fomentar a lectura en lingua galega así como potenciar as capacidades creativas do alumnado.
Animádevos a participar!
BASES
1.- Dirixido a: Todos
os alumnos/as do CPI As Mirandas, que
poderán participar cun máximo de
3 obras. En infantil o traballo a presentar
será de aula.
2.- Tema: O concurso
ten por obxecto a creación dun deseño gráfico para a portada ou cuberta dun
libro que o alumno/a teña lido. Na portada ten que constar o título e o nome do autor do libro ademáis
da decoración que o alumno/a desexe engadir: fondos, fotos , debuxos, distintos
tipos de letras, diversos materiais, etc. O libro pode ser de calquera xénero:
poesía, contos, novela, teatro, ensaio, divulgación… Pola parte de atrás irá o
nome e curso do alumno/a participante.
3.- Formato: Tamaño
mínimo un cadrado de 21x21 cm. e máximo
un A3 (29,7x42 cm). Pódese variar a forma do soporte sempre que quede dentro
das dimensións mínimas e máximas sinaladas.
4.- Técnica: Poderase
utilizar calquera tipo de técnica bidimensional: rotuladores, lapis, témperas,
collage, banda deseñada,etc. Tamén se poden combinar técnicas: letras a
ordenador e debuxos a man, fondos de témpera e un collage superposto,
composicións feitas con volumen e despois fotografiadas, etc.
5.- Soporte: En
función da técnica dos traballos, pódense entregar en papel, cartolina,
cartón, lenzo ou como un arquivo
informático se é o caso dun traballo feito por ordenador.
6.- Data e lugar de
entrega: A data de entrega comeza o 13
de maio e remata o 30 de maio. Os traballos entregaranse na Biblioteca ou á
coordinadora do EDLG.
7.-Premios: O xurado dictaminará os gañadores e
otorgaranse varios premios en función das idades. En infantil serán premios de
aula.
Con todos os
traballos presentados farase unha exposición no centro así como a presentación
dos mesmos a través dos blogues do EDLG e da Biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario