O Alumnado de 4º de ESO do CPI As
Mirandas, de Ares, participou na quinta edición do Premio Desafío Emprende promovido
pola Fundación La Caixa co obxectivo de fomentar a actitude emprendedora da
mocidade a través de propostas que potencien o desenvolvemento da súa
creatividade, iniciativa, motivación e capacidade para traballar en equipo.
Baixo a coordinación do profesor do centro Anxo X. Rajó e a través da creación
de catro consultoras, estiveron a traballar nun proxecto para a posta en valor
dos principais elementos etnográficos, naturais e históricos do concello de Ares.
A súa proposta pretende cubrir un servizo de información básica dirixido, en
primeiro lugar, aos habitantes de Ares -ao redor de 5.300- e, en segundo lugar,
aos milleiros de visitantes que recibe anualmente a vila en períodos vacacionais,
principalmente durante a Semana Santa e o verán. “Ares posúe unha
extraordinaria riqueza en canto aos valores relacionados coa súa historia, o
seu patrimonio, natureza e cultura. Esta proposta está orientada a todo tipo de
usuarios, de calquera idade, e principalmente ás familias. Para o potencial usuario ten un valor informativo incalculable e
o conecta con esa esencia de Ares, unha vila de pasado mariñeiro e moi
relacionado coa industria da salgadura que trouxeron e impulsaron en Galicia moitas
familias catalás. Así mesmo, aos seus habitantes máis novos axudaralles a
coñecer mellor as súas orixes e a súa historia.
Redacción dun mapa guía

A proposta didáctica e educativa do CPI As Mirandas poderá servir como exemplo para o emprendemento e a aparición de novas empresas no sector turístico e para dinamizar a economía turística, «moi presente en Ares». Para iso, os participantes botarán man da frase característica en Galicia « E ti, de quen vés sendo?», empregada a cotío para saber a orixe da xente.
Neste enlace poderedes descargar o mapa guía de Ares
https://drive.google.com/file/d/1fQmVpjJT3iCr8ERSFxkzItmAkMHSRvWq/view?usp=sharing
No hay comentarios:
Publicar un comentario