Para que a paz sexa algo máis ca un conto
Moitas persoas diante da idea de escribir, investigar, educar ou traballar sobre a paz e os conflitos, exclaman, ah!, pero..., é que estamos en guerra?. Esta actitude, de certa incredulidade, ese sorriso condescendente cando falamos de Cultura de Paz, colócanos -de inmediato- sobre unha realidade da que, ás veces, non somos plenamente conscientes, xa que para un bo número de cidadáns e cidadás, para moitos alumnos e alumnas, a guerra e os conflitos son, por sorte, horizontes afastados, nada que teña que ver coas súas propias vidas cotiás, máis ou menos acomodadas, na sociedade da opulencia e o benestar, nos barrios ricos do planeta.
Para outras, a guerra, a violencia, son un recordo vago, unha historia que se perde entre brumas pretéritas, salvo para aquelas que tiveron a desgraza de vivir e de sobrevivir á “Victoria” e non á Paz, ao medo e ao espanto, aos silencios que aterrorizaron a alma e enmudeceron a memoria. Por iso resulta imprescindible falar, estudar, investigar, reflexionar, sobre a guerra, as guerras e a violencia, entre outras cousas, para espantar ós nosos propios demos, os únicos que existen, aqueles que aniñan no máis profundo do noso corazón, así de sinxelo o dicía Mahatma Gandhi.
Difundamos na escola, na vida e na sociedade, que a paz é moito máis que un fermoso conto infantil, de pombas e globos... para representar cada ano a finais do mes de xaneiro, no cabodano da morte do Mahatma Gandhi.
A cultura da paz tense que implantar nas nosas vidas potenciando a educación para a paz, a non-violencia e os dereitos humanos, a través da promoción da investigación para a paz, da eliminación da intolerancia, da promoción do diálogo e da non-violencia, dos valores, actitudes, prácticas, sentimentos e crenzas que acaban conformando a paz.
Traballemos tódolos días por unha cultura de paz
Os nosos alumnos tamén reflexionaron sobre o tema da paz e da non violencia elaborando murais, debuxos e textos alusivos a mesma.
Os alumnos de infantil tamén celebraron e traballaron o día da paz. Falaron sobre ela, o que era, como podían contribuir a que nas clases houbera Paz, e logo fixeron unhas fichas conmemorativas do DÍA DA PAZ. En 3 anos A e B fixeron unha pomba con vandal, en 4 anos A e 5 anos A unha poesía e os nenos de alternativa de 5 anos B fixeron un mural. Si queredes ver a reportaxe fotográfica do seu traballo pinchade aquí. Blogue Infantil
O dia 30 de xaneiro os alumnos de 1 A e B, os de relixión, fixemos un magnifesto pola paz e un rap .Fixemos pegatas sobre a paz cunha pomba e as repartimos por todo o colexio .
ResponderEliminarOs que non veñen a reli ,tamén repartiron as pegatas para compartir a paz ,e ter paz todo os días e todos os anos .
A paz consiguese dialogando ,falando as cousas,reparando malos entendidos e sobre todo ainda que non sexamos amigos ser compañeiros .A violencia non pode invadir as nosas vidas ,por eso nós estamos dispostos a facer o que sexa para conseguir a paz no mundo.
Por eso hoxe queremos gritar viva a paz!!
O venres 29 de xaneiro na clase de relixión fixemos un manifesto da paz todos xuntos, repartimos pegatinas e á xente gustáronlle moito.Cada un fixo un texto,algúns un debuxo e un pequeño texto,outros unha pequena poesía ,outros acrósticos...,pero no só foron os de relixión tamén fixérono os outros . Algúns tamén fixeron murais.Todo quedou moi ben.
ResponderEliminarIso por unha parte por outra, ¿por qué so o fixenos esta semana cando tería que ser todos os días do ano?Todos temos que colaborar un pouco,pero non só no día da paz porque se non un día estamos en paz ,pero 364 días estamos en guerra.
Viva á PAZ PARA SEMPRE!!
Julián Sixto Sánchez 1º B relixión.
O día 30 conmemorouse o día da Paz mundial e da non violencia. Nós celebrámolo o día anterior, o venres día 29 na escola.Nesa mesma semana fixemos varios traballos relacionados con ese tema como, por exemplo, manifestos, debuxos, escritos, banderíns, un rap pola Paz e repartimos polo recreo pegatinas. Nós cremos que á xente gustoulle bastante porque logo, pegámos algúns dos traballos nas peredes do centro facendo un mural que quedou bastante ben.
ResponderEliminarPero ademais de traballos manuais e materiais, tamén falamos na clase sobre a Paz e a non violencia e chegamos á conclusión de porque hai guerras e de porque non se celebran todos os días o día da Paz e falando, falando, dixemos que todos temos que ser constructores da Paz e para rematar o máis importante:
!QUE VIVA A PAZ!
O dia 29 de xaneiro fixemos uns textos pola paz ,alguns nenos fixemos acrósticos,poemas,debuxos...e tamen repartimos pegatinas a os profesores, nenos e nenas.
ResponderEliminarTamen fixemos un traballo sobre os dereitos do neno.
Na clase fixemos un rap sobre a paz e agora, dentro de pouco, imos facer unha coreografia para o rap.
Traballando sobre a paz aprendimos que o respeto, a non violencia, o díalogo para resolver os problemas é o mellor.
Rita Saavedra 1ºB
Lucia Rodriguez 1ºA
O día 29 de xaneiro os nenos e nenas do C PI Conde de Fenosa celebramos o día da PAZ e da NON violencia cunha serie de actividades moi divertidas.Os profesores repartíronnos unha folla a cada un para que fixeramos un traballo sobre o día da PAZ,algúns fixemos un acróstico,outros unha poesía, un texto,etc.No recreo repartimos unhas pegatinas que había que pegar no peito como símbolo de que todos queremos a PAZ. A xente non se da convencido de que hai que acabar coas guerras,espero que dentro duns anos as guerras cesen dunha vez por todas.
ResponderEliminarO dia 21 a clase de 1 A e 1 B celebramos o día da paz . Fixemos uns debuxos e repartimos unhas pegatinas aos nenos do noso colexio.Fixemos tamen un texto da paz e quedou moi ben e me divertin moito na clase de reli cos meus compañeiros. Viva a paz.
ResponderEliminarA semana pasada ,estivemos traballando sobre o día da paz . Nós fixemos na clase de relixión diversas cousas sobre a paz ,algunhas delas son :debuxos,e fixemos uns textos sobre a paz ,pancartas,un rap sobre ese mesmo tema . No recreo lle pegamos unhas pegatinas a todos os rapaces. A Paz e imprescindible para todo o mundo e en conmemoración fixemos esto.
ResponderEliminarVIVA A PAZ
Neste día 30 de xaneiro os alumnos de 1 da ESO fixemos unha actividade para conmemorar o día da paz e da morte de Gandhi . Neste día nós fixemos unhas pegatinas e un rap. A parte que mais me gustou foi dar as pegatinas a xente . Gustoume moito e espero que para o ano se volva a repetir .
ResponderEliminarO venres 29 de Xaneiro fixemos un traballo sobre a paz. No mundo hai moita violencia e todos queremos un mundo mellor pero moita xente sigue a ter conflictos polo diñeiro e os poderes políticos.
ResponderEliminarNo recreo repartimos pegatinas entre todos os nenos e nenas e profesores. Nós cremos que todos os días do ano temos que protexer os nosos dereitos e loitar pola paz.
Nos fixemos unha ficha con poemas,debuxos e un acróstico.O pasamos moi ben.
Viva a paz
No meu colexio o Conde de Fenosa celebramoss o dia da paz facendo unhas pegatinas e dándollelas aos alumnos .
ResponderEliminarEu creo que a guerra esta causada pola violencia que hai en vez de dialogar.