Nunca tan ben acaída houbo unha actividade! Mesmo parece que o conselleiro Vázquez nos encargou a escenificación do controvertido borrador do Decreto Plurilingüe. Este mércores 20 de xaneiro, gozamos dunha excelente actuación de contacontos. Unha parella de contistas, el inglés e ela galega, apamparon alumnos e profesores coa representación de contos tradicionais de variada procedencia.
Co alumnado fraccionado en dúas quendas, presentaron un abano de historias tradicionais de base humorística unhas, intimista outras, sempre enxeñosas. A estrutura dos relatos formalizábase en reiteracións binarias ou ternarias, na dramatización dos diálogos e nos finais sorprendentes de interpretación didáctica.
A perfecta sincronización (a partir do inglés facíase unha tradución interpretativa, expresiva) aparecía reforzada pola precisa xestualidade que enriquecía as engaiolantes historias.
A atención, as risas e os aplausos foron a nosa recompensa por unha sesión tan agradable.
Por certo, o inglés, espléndido; o galego fantástico e imprescindible. Sigo a falar da actuación, claro está.
Estupenda actividade, unha verdadeira homenaxe á nosa cultura, á educación e tamén ao saber estar.
ResponderEliminarÉ unha ledicia, e moi enriquecedor, comprobar que a linguaxe do actor é universal. Dá igual de onde veñan, porque manexan un código común (coma unha terceira lingua á que todos estamos afeitos) para conseguir conmover. Eles lográrono dabondo, grazas ao exquisito equilibrio na mistura das linguaxes corporais coas da fala, empresa nada doada nestes tempos que corren.
Ah, eu tamén falo da actuación, non vos creades...
proba
ResponderEliminarParéceme unha moi boa idea achegarnos as linguas mediante contacontos porque desa maneira pasámolo moi ben e vemos que entre as duas linguas que son o galego e o inglés tampuvo hay tanta diferenza e se poden falar os dous perfectamente.
ResponderEliminarNa miña opinión a historia que mellor estivo foi a de Manolo na que Manolo fai unha aposta co seu amigo na que non pode falar en todo o dia.
Entón vanlle pasando unha serie de cousas ata que se atopa cunha rapaza moi fermosa e lle pregunta como se chama e Manolo con tanta emoción responde Manolo e perde a aposta pero gaña unha moza.
Paréceme unha idea estupenda e os contacontos eran fantástivos e o señor e a rapaza tiñan moita sincronizacion entre eles e os dous falaban moi claramente e cuns movementos adecuadps a cada historia.
Foi unha actividade na que a mestura de idiomas foi explendida.
ResponderEliminarsobre todo gustoume a historia de manolo un home que non podia falar por unha aposta
pero por unha serie de sucesos veuse escapando de mozo dunha preciosa muller.
escondeuse nun cubo e o sair chocou outra vez con ela a muller preguntoulle o nome e el sen pensalo ,dixollo e perdeu
*Pareceume ben a actividade feita aínd que estaría mellor e gustaríanos máis aunha película subtitulada en galego e dita en inglés ou viceversa,os contos encandiláronnos cos xestos e palabras pero na miña opinión un contacotos é para perosas un poco máis pequenas.
ResponderEliminarPor outra banda co inglés-galego podenos axudar nun futuro,pero non se poden igualar as linguas nais con outras das que non sabemos nada...e aínda que levamos arredor de doce anos intentando aprendela non podemos nin entender un triste conto e se non entendemos iso, como entenderemos unha clase de Bioloxía ou Xeografía.
O conto que máis me gustou foi o de Manolo,un home que fixera unha aposta cos seus amigos de que non estaría un día sen falar.O intentou pero foi falido e como todos os homes que son tan simples que só por dicirlle o nome a unha moza guapa perde a aposta.
aL(*)
foi unha boa actividade, aínda que algúns contos foron bastante aburridos. Hai algúns contos que me gustaron moito polo seu humor e pola súa ironía. Houbo unha estupenda compenetración entre o inglés e a galega. O conto que me pareceu máis divertido foi o de Manolo. Esta historia trata sobre un home que non podía falar e despois dunha serie de sucesos encontrouse cunha moza e ó final a moza preguntoulle o seu nome e o home non dúbidou en falar.
ResponderEliminarFoi unha boa actividade e eu penso que hai que facer mais deste tipo.Foi unha boa idea o de traducir os contos do inglés ao galego e os contacontos fixerono moi ben.En especial o conto que maisme gustou foi o de Manolo.Que trataba dun home que non podía falar por unha aposta,pero encontrouse cunha muller e despois dunha serie de sucesos a muller preguntoulle o nome e el llo dixo e perdeu a aposta.
ResponderEliminarNa miña opinión foi unha gran actividade na que se mesturaron dous idiomas distintos como son o galego e o inglés.
ResponderEliminarDicir que para min esta actividade foi de menos a máis , é dicir , de menos a máis entretida. Nas primeiras historias o público case non aplaudía pero ao final acabamos todos aplaudindo e, incluso, asubiando.
A min en concreto , a historia que máis me gustou con diferenza foi a de Manolo , que nos contaba a historia dun home que se enamoraba dunha muller e non podía falar pero ao final perdeu a aposta xa que falou coa moza.
Temos que facer máis actividades coma esta!
Esta actividade foi moi divertida por parte do galego, por parte do ingles non tanto porque falaba moi rapido e as veces non se lle entendia, ainda asi foi moi divertido. A expresividade das persoas e as formas de dicirnos xestualmente cada unha das historias foi increible. A min a historia que mas me gustou foi cando o xenio convertia as pedras en ouro e todos os homes o collian. e cnado o ultimo home non queria coller todo o ouro qeu estaba a convertir, se non o dedo da sua man. Gustaronme todas as historias, ningunha foi aburrida. As persoas fixeron un gran traballo ao traducir o ingles ao galego.
ResponderEliminarParéceme unha actividade interesante e está ben, porque así podemos practicar o inglés e o galego, ademais de poñer a nosa mente a pensar(podemos imaxinar cousas como contos interesantes), e ao haber duas personas, unha traductora, podemos fixarnos na variación que existe entre as duas linguas.
ResponderEliminarPor exemplo, unha das historias que saíron na aactividade foi a de manolo( que se basea en que un home aceptou un pacto co seu amigo, que dicía que quen antes falase perdería a aposta, e finalmente, despois de varias aventuras, perdeu a aposta, porque unha fermosa muller preguntoulle o seu nome e el respondeu: Manolo.
Pareceume unha actuación moi divertida e moi espectacular xa que a combinación de fala e xesticulación era completamente abraiante. As obras eran moi entretidas e os que as facía máis interesantes era a rapidez coa que os contacontos as narraban.Foi unha idea excepcional facer esa actividade xa que ó falar á vez inglés e galego podiamos asociar palabras e aprender vocabulario.
ResponderEliminarA historia que máis me gustou foi a dunha muller que tiña tres pretendentes e a muller morreu. Ó morrer a muller,o primeiro pretendente quería falecer el tamén; O segundo ía todas as noites á tumba,espíase e tumbábase encima e o terceiro buscou unha poción para revivir á muller. Os pretendentes déronlle a poción á muller, que reviviu, e contáronlle todo o que fixeran.A muller entón escolleu ó segundo porque dixo que o primeiro portárase como un neno, o terceiro como un pai e o segundo foro o único que se portara como un amante.
foi unha boa actividade na que a mestura de idiomas foi impresionante e tamén foi impresionante a coordinación dos dous cos seus movementos.A que máis me gustou foi a de Manolo que era un home que non podía falar por unha aposta pero por unha serie de sucesos tiña que escapar dunha muller.Escondeuse nun colector de lixo e ao saír chocou con ela e ela preguntoulle o nome e díxollo e perdeu a aposta
ResponderEliminarGustoume moito porque as expresions corporais son moi, o inglés do señor e fantastico e o galego da muller temen é bo.Gustome moito as historias sobre todo o de Manolo pero como xa o puso moita xente bou poñer a de os inmortais que teñe que baixar un inmortal a terra e encontrar un home sen baricia a sua estratexia e conbertir todo un campo en ouro co dedo e o tercer home non lle pediu que apuntase co dedo a unha roca mais grande se non lle pediu o seu dedo.
ResponderEliminarFoi unha actividade moi ocurrente porque puidemos disfrutar de contos en galego en en ingles .Foi moi sorprendente o ben que falaban o ingles e o rapido que o traducian .
ResponderEliminarUn dos mellores contos foi o de Manolo que è un mozo que fixo unha aposta cons seus amigos de non falar en todo o diaa..
Manolo saiu à rùa preparado coas suas mellores roupas ,Primeiro foi aunha pastelaria ,e logo a topouse cunha moza moi guapa,quedouse abraiado e mirando pra ela e derreoende apareceu o mozo deloaa e o persegui,el con moito medo escapou a correr e perdeuno de vista.
De ali a un anaco Manoo saiu do seu escondite e atopouse de novo coa moza,e el que se estibera comunicando atrabes de señas e xestos perdeu a aposta porque a moza preguntoulle a seu nome el eel llo dixo.
Temos que facer mais amiudo estas actividades.
Esta actividade que fixemos pareceme moi interesante.Porque había unha variedade de contos,e ao ser en galego -inglés podemonos fixar eapernder palabras novas tanto en galego como en inglés.Esta actividade haberíá que facela máis amiúdo. Unha das historias que máís me motivou foi foi a de Manolo,un home que fixera unha aposta co seu amigo de que non podíá falar durante todo un día , e que se falaba pederíá a aposta . pero non o conseguiu,porque como todos os homes cedeu á tentacion cunha moza.
ResponderEliminarPareceume unha boa actividade.Tanto entretida como espectacular.A muller e o home compenetrábanse perfectamente facendo que as historias nos divertiran,máis aínda pola rapidez coa que as narraban.A parte de entretidas foron interesantes, porque aprendemos vocabulario.
ResponderEliminarA historia que máis me gustou foi a de Manolo.Nesta obra contábase que un home fixo unha aposta cos seus amigos que consistía en non poder falar en todo un día.Todo o que pensaba íao expresando mediante xestos,pero finalmente,perdeuna porque unha muller moi guapa preguntoulle o seu nome e non dubidou en dicilo para poder ligar con ela.
Na miña opinión penso que foi unha idea espléndida,pois esta maneira é a máis divertida e agradable de relacionar dúas linguas como o Galego e o Inglés.
ResponderEliminarPara min a mellor historia foi a do rapaz que foi en busca de Deus para que lle dese sorte, no camiño atopa un lobo morrendo de fame, unha árbore con molestias nas raízes e unha moza fermosa. Todos lle din que preguntasen de súa parte a Deus polos seus problemas, e así o fai.
Cando chega Deus lle di a solución aos problemas dos demais, e que él tería moita sorte.De volta, dille a moza que necesita un home, ésta o invita a súa casa, pero o protagonista rexeita a oferta; a árbore dille que ten un tesouro enterrado cerca das raíces, e o protagonista vaíse en busca da súa sorte.Cando chega a xunto o lobo dille que ten que comer o primeiro idiota que pase. Entendedes o que vai despois, ¿non?
Sen dúbida a historia estivo realmente ben, e a experencia foi espetacular.
anDii=D
foi unha boa actividade a mesturea de idiomas foi fantástica. Todas as historias estiveron ben pero a que máis me gustou foi a de Manolo un home que nonpodia falar un dia enteiro por unnha aposta,pero por unha serie de sucesos encóntrase cunha muller fermosa e ela preguntoulla o nome e el sen pensalo , díxollo e perdeu a aposta
ResponderEliminaresta actividade foi esplendida ,a mestura de idiomas estivo moi en espresada e para a miña opinion deixounos asombrados polas historias tradicionais.
ResponderEliminara min gustoume o conto do señor que ia dando unha volta e encontrou un axaro mal ferido, e o meteu na merda e cando despertou comeuno a lobo
Gustoume a mestura de idiomas;pero penso que en inglés poucos nos enteramos.
ResponderEliminarEspecialmente gustoume o conto no que un home enviado por deus buscaba a persoa que menos avaricia tivese do mundo.O home podía convertir as pedras en ouro co dedo, buscando a esa persoa topou con dous homes que de honrados non tiñan nada.Ao final encontra a un que non quería nada do que lle ofrecera, o que quería era o seu dedo.
Esta actividade foi unha experiencia única que nunca tiveramos, porque escoitar historias metado inglés-metade galego non son moi habituais. Estes contacontos sabían expresarse moi ben, polo que facían que nós nos meteramos na historia e podíamos entendela mellor. Aínda que o inglés non o entendéramos, só palbras soltas, os seus xestos dábanos algunha idea do que podía estar falando. Unha historia que me gustou a do de do que convertía as cousas en ouro. Un home estaba buscando á persoa máis bondadosa do mundo, asique cando se cruzaba cunha persoa, convertía unha rocha en ouro e dáballa, e a outra persoa a collia por avaricia, asi con varias persoas, ata que se cruzou con outra persoa e empezou a facer as rochas de ouro, e a persoa non as quería. O home contento, empezou a facer máis e máis rochas de ouro, pero a persoa non as quería. O home preguntoulle que qué era o que qeuría, e o outro dixo que o que quería era o seu dedo. Esta persoa, era moi avariciosa. Estas historias entretivéronos a todos, captaron a nosa atención e fixéronos rir. Algunhas historias mellor que outras, pero todas moi ben expresadas, e os contacontos moi ben compenetrados.
ResponderEliminarA min a historia que máis me gustou foi a de Manolo .A histroria iba de que Manolo fixera unha aposta. A posta era que non podía falar durante un día . Manolo perdeu a aposta cando a moza lle preguntou cal era o seu nome e el dixo que se chamaba Manolo . A historia gustoume porque ia dun señor de Ares . Tiñan que contar máis historias pero tiñan que ser máis amplas . Tamén me gustou porque son historias antigas , e se tiñan que transmitirse de xeración en xeración .
ResponderEliminarEsta actividade foi moi entretida e diferente. Mestura moi ben a fala e a xesticulación corporal. As persoaxes estaban moi ben interpretadas e dábanlles un aire moi simpático. Unha das historias que máis me gustou foi unha na que un señor dixo que non tiña sorte e foi buscar a Deus. Polo camiño atopouse cun lobo famélico, unha arbore seca, e cunha muller guapa e soa. Cada un deles díxolle ó home que lle preguntara a Deus polo seu problema. Cando atopou a Deus este díxolle que a sorte xa a encontraría. De volta atopouse coa muller, que o convidou á súa casa, e home non quixo ir porque quería buscar a sorte. Logo coa´árbore, e esta tiña un tesouro debaixo que o home non quixo sacar porque ía buscar a sorte. Por último atopou ao lobo famélico que papou ao home porque tiña moita fame.
ResponderEliminarOs actores con esta historia poñías voces diferentes e unha xesticulación moi orixinal.
Estas actividades hai que facelas máis a miúdo.
KiiArii**
FOI UNHA GRANDE ACTIVIDADE, NA QUE A EXPRESIVIDADE DOS CONTACONTOS FOI ESPLÉNDIDA E DIVERTIDA. CREO QUE TEMOS QUE REPETIR ESA PRÁCTICA AÍNDA QUE PERDAMOS CLASE. A HISTORIA QUE MÁIS ME GUSTOU FOI A DE MANOLO, QUE APOSTOU QUE NON ÍA DICIR O SEU NOME. PUXO A SÚA MELLOR ROUPA. SAÍU A RÚA E ENCONTROUSE CUNHA MOZA CO SEU MOZO E FOISE. LOGO DE VARIOS SUCESOS VOLVERONSE A ENCONTAR E VIU QUE ESTABA INTERESADA POR ÉL, ESTA PREGUNTOULLE O SEU NOME E SEN DÚBIDA O DIXO.
ResponderEliminarE unha actividade moi entretidaporque tiña unhas historias moi divertidas, e a compenetracion dos contacontos era impresionante. Esta actividade estaba acompañada por xestos , que facian que entenderamos algo do que o ingles nos estaba contando.
ResponderEliminarA historia que mais me gustou foi a do mago que estaba a buscar un hme sen avaricia, e cada vez que pasaba un home, convertia unha pedra en ouro e ofreciallela, pero estes querian que aumentara o tamaño da pedra para ter mais ouro. ata que por fin encontrou un home que rexeitaballe todalas pedras que lle regalaba. o mago moi contento pensaba que por fin encontrara no mundo unha persoa sen avaricia e ofreceulle que o podia convertor no home mais rico do mundo e el non o aceptaba, daquela preguntoulle que qué era o que quería; e o home, moi avaricioso, dixolle que o que queria era o seu dedo,.
Esta actividade gustoume moito,porque relacionaron o ingles e o galego, foi moi divertido.
ResponderEliminarPara min a mellor historia foi de manolo.
Manolo fixo unha aposta,que era que non podía dicir o seu nome. Pola mañá levantouse e vestiuse coas mellores roupas. Cando iba pola calle, ocurríronlle varios sucesos cunha muller. Este ao final dixo o seu nome porque a muller lle pregunto como se chamaba
Pareceume unha actividade moi interactiva e divertida, gurtoume moito xa que os dous contacontos estaban moi compenetrados.Noraboa a quen organizou esa actividade,xa que fixo rir a maiores e non tan maiores.A historia que mais me gustou foi a do paxaro que case morre de frio;era un paxaro qe estaba tirado no chan case mortoe un home que pasab por alicolleuno e meteuno no medio da bosta recente que habia nun campeiro.O paxaro volveu en si e puxose a cantar e veu un raposo e papouno.Gustoume porque tiña tres moralexas: todo o que te mete na merda non é o teu inimigo,o que te quita da merda non é sempre o teu amigo e se estas na merda non digas nin chio.
ResponderEliminarPareceume unha actividade moi divertida e entretida, a demais, puidemos escoitar moitas historias de diferentes temas en dous idiomas. Os dous actores eran moi bos, interpretaban moi ben as historias.
ResponderEliminarGústame a historia de Manolo porque me pareceu moi interactiva.
Esta historia trata sobre un home chamado Manolo que fixo unha aposta cuns amigos:durante un día non podía falar. Tivo que pasar moitas aventuras pero ao final por unha moza acabou falando.
Martitha*
Pareceume unha actividade moi entretida e divertida.na que ao mesmo tempo que nos divertimos aprendemos un pouco de inglese perfeccionamos o noso galego.A historia que vou contar e a de Manolo que apostou cos seus amigos que lograba estar calado durante un dia enteiro.Durante todo o dia sucederonlle una seri de acontecementos aos que Manolo contestou con xestos ou onomatopeas.Ata que ao final unha muller de fisico depanpanante con ganas de ligar con Manolo preguntalle o seu nome ,e, este contestoulle. Asi Manolo perdeu a aposta.
ResponderEliminarAI COUSAS QUE NON SE PODEN RESISTIR!!!!!
Esta actividade foi moi entretida, a verdade é que non soen gustar moito os contacontos en inglés-galego coa nosa idade pero souberon transmitirnos as hitorias como se as viviramos.Non é facil entender o ingles nativo pero a súa xesticulación era axeitada e dábanos a entender do que estaba a falar , por outro lado a tradutora matiáse completamente no papel e facianos rir moito cos seus xestos . Unha das historias que máis me gustou foi a da moza que tiña tres pretendentes e non se decidía por ningún.Un día morreu e o primeiro pretendente choraba como un cativo na súa tumba e quería morrer con ela, o segundo espíase e tumbábase enriba da tumba cada noite e o terceiro foi xunto un bruxo e colleu unha apócema para resucitale e así foi.E con quen se quedou ela? Pois co segundo,porque o primeriro se comportara como un crio ,o terceiro como un pai e o segundo como un verdadeiro amante.
ResponderEliminarEncantoume esta actividade tan divertida e espero que se poida repetir.
MiiRi*]..=)
Pareceme unha boa actuación, entretida, interesante e graciosa.Deberíanse facer máis actividades deste tipo,usando o galego e o inglés.
ResponderEliminarA historia máis entretida foi a do home que buscaba a súa sorte e foi a xunto de Deus.No camiño atopou cun lobo,cunha árbore e unha moza e pedíronlle que lle preguntara a Deus porque tiñan problemas.Cando o hombre chegou a xunto de Deus preguntoulle por que non tiña sorte e el respondeulle que si que a tiña,que tiña que atopala.Logo preguntoulle polos males do lobo,da árbore e a moza.Cando chegou a xunto da moza dixolle que estaba triste porque non tiña mozo e ela propuxolle que quedara a vivir con ela ,pero el respondeulle que tiña que buscar a súa sorte e que non podia.Cando chegou a xunto da árbore dixolle que non tiña follas porque tiña un tesouro debaixo,a arbore pediulle que yo quitara pero asinteu diciendo que non podia que tiña que atopar a súa sorte.Cando chegou a xunto do lobo dixolle que estaba fraco e débil porque non comia o primeiro idiota que pasara por alí,op lobo comeuno
AS OBRAS QUE CONTARON GUSTARONME MOITO ,A DO HOME QUE METEU O PAXARO NA MERDA ,A DE MNOLO A DO ESQUELETE, A DO DEDO, A DA PRINCESA...
ResponderEliminarTODOS OS CONTOS, CONTADOS E XESTICULADOS BEN FIXERON MOITA RISA.A HISTORIA QUE MAIS GUSTOUME FOI A DO PAXARO QUE ESTABA FERIDO E O HOME METEUNO NA MERDA,O FINAL O PAXARO MOREU PORQUE O COMEU UN LOBO
FYRE*¡¡
Foi unha boa e entretida actividade que nos ensinou dunha maneira diferente a escoitar e entender o galego e o inglés. Os que falaban foron realmente bos actores, movendose e expresandose moi ben. A historia que mais me gustou (ou a única da que me acordo)foi a do dedo do ouro:
ResponderEliminarUn Inmortal baixou á terra na busca dun home ó que facer inmortal, coa condición de que non tivese avaricia. Pasou un home e o inmortal apuntou co dedo cara unha pedra e dixolle " bo home, douche este anaco de ouro, é teu"e poderias converterme esa montaña de alí??" O inmortal negouse. Pasou outro home, e o mesmo. A o terceiro home dixolle "Queres este anaco de ouro?""Non" O Inmortal converteu un val enteiro en ouro"E esto, o queres""Non""E que queres??""O teu dedo"
A actividade foi divertida e instructiva ainda que curta.A idea de mezclar o galego co ingles foi moi orixinal.
ResponderEliminarA historia que mais me gustou foi a do mozo que convertia as pedras en ouro e atopou a un rapaz que non queria o ouro e o final dixolle que queria o seu dedo.
HAI QUE FACER MAIS ACTIVIDADES COMA ESTA!!!
YERA :P--------------8
Pareceume unha actividade moi entretida e divertida en todo momento pola forma de relatar as historias e o sentido do humor dos contacontos.Todas as historias gustaron moito ,pero en particular o conto de Manolo.
ResponderEliminarManolo era un home que apostara cos seus amigos non falar duranta todo o día. E así o fixo, expresándose mediante sons e sen pronunciarpalabras. Ata que nunha ocasión atopouse cunha muller despampanante que lle preguntou o seu nome, ó que o home respondeu:" Manolo". E foi así como perdeu a súa aposta.
Eu penso k fan ben en vir a ensinarnos outros contos que non sabiamos e eles nos esinan esos contos en ingles e traducido en galego,eu penso que van ter moito éxito.
ResponderEliminarA historia que mais me gustou foi na que un inmortal fixo unhas probas cuns homes nun desfiladeiro. O inmortal queria sabesr cal era o que non lle importaban os cartos. Entón, cada vez que pasaba un home ofrecíalle ouro e con vertia as pedras en ouro, pero algúns deses homes querían o ouro, pero topou con un que non o queria, e 'lle ofrecera tanto como para facerse rico. O inmortal preguntoulle
- Que queres?
- Eu non quero o teu ouro, quero o teu dedo
Foi unha actividade moi divertida,porque fixeron que o pasaramos ben e que atendéramos ao ser e galego-inglés.
ResponderEliminarContáronnos moitos contos.O que máis gustoume foi o de Manolo.Manolo fixo unha aposta cos seus amigos de non falar en todo o día,ao final Manolo con todas as cousas que lle pasaron na pastalaría,coa tarta,co home puido conterse e non falar.Pero non se puido conter cando unha moza espectacular se le insunuou e lle pediu o nome.Todo apurado contesta `Manolo´.Hai cousas que non se pode perder:)
Almuuú:D
Foi unha experiencia inolvidable,nunca pasarao tan ben,pareceume unha actividade atrevida,entrañable e divertida.Compaxinar o inglés co galego pareceume unha verdadeira marabilla xa que podías ir asociando palabras.Os movementos dos contaconntos ían compaxinados e tamén en concordancia co diálogo.Todos as obras que interpretaban tiñan unha pretensión didáctica.
ResponderEliminarA historia que máis me gustou foi a dunha muller que tiña tres pretendentes e non sabía por cal decidirse.A muller na súa decisión lamentablemente morreu,os tres homes cheos de angustia decidiron loitar por ela ,para que volvera con eles.O primeiro quería morrer ,o segundo polas noites espíase enrriba da tumba e o terceiro foi o que conseguiu unha pócima máxica para resucitala.
A muller volveu en si e preguntoulle a cada un dos mozos o que fixeran para poderse decidir por algún deles,o primeiro contoulle a súa historia e ela díxolle que se portara coma un neno ao querer morrer,ao terceiro díxolle que se comportara coma un pai e ao segundo que actuara coma o mellor dos amantes e por iso foi o elixido.
Foi unha actividade moi divertida mesturaron duas linguas o galego e o inglés .O conto que máis me gustou foi o do páxaro que estaba a morrer de frío e un señormeteuno na merdaq dunha vaca e cando reviviu empezou a cantar que ven era estar vivo e un lobo que pasaba por alí famento o escoitou e o comeu.
ResponderEliminarA hitoria ten tres moralexas:todo o que te mete na merda non e o teu inimigo,o que te quita da merda non e sempre o teu amigo e se estas na merda non digas nin chio.
En opinión foron moi divertidos e deverian de durar máis tempo.
Bárbara 4ºA:
ResponderEliminarA verdade que os contos bilingües foron moi bos. Pasamos un bo rato.
Pareceume una actividade moi divertida e entretida, era moi boa a maneira que tiñan de contar os contos, mesturando a fala cos xestos. Todas as historias foron moi boas,pero a que máis me gustou foi a do home que dicía que non tiña sorte e foi buscar a Deus para que llo explicara. Cando encontrou a Deus éste dixolle que tiña sorte pero que tiña que buscala. De volta a casa encontrouse unha muller soitaria que lle pediu se quería vivir con ela, pero el non aceptou porque quería buscar a sorte. Logo topouse cunha árbore enferma que lle contou que estaba malo porque tiña un tesouro nas raíces e non llo quitou porque ía na procura da súa sorte. Logo encontrou un lobo famento que o papou porque non soibera atopar a súa sorte coa muller e coa Árbore.
ResponderEliminar