A Alianza Aresana acolleu este martes 23 de abril, Día do Libro , o acto de entrega de premios do IV Concurso de Escritura Creativa de microrrelatos, organizado polo CPI as Mirandas e o Concello de Ares e que contou cunha participación de arredor de 96 participantes, divididos en dúas categorías, a de “Primaria” (4º, 5º e 6º) e a de “ESO”.
Tras a deliberación do xurado este decidiu o xurado decidiu outorgar o
primeiro premio a Lara Vidal Díaz, polo seu microrrelato ‘O corredor’ dentro da
categoría de Primaria, e a Fuhao Zheng por ‘O dilema’, na clasificación da ESO.
Ambos recibiron o premio dunha tablet/ebook.
Tamén recibiron premios os segundos clasificados de
cada categoría, neste caso un lote de libros. Así o microrrelato ‘O asasino do soto’, de Natalia Filgueira
Kempa, conságrase coma finalista desta edición en Primaria e ‘Anxos e Demos’,
de Jorge Pena León, dentro da modalidade da ESO.
O xurado estivo formado por Rocío Pena, Conchi Cambeiro, Yolanda Castro, docentes no CPI As Mirandas, e Alma Barrón, edil de Cultura na localidade.
Parabéns a gañadores e finalistas!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario