miércoles, 25 de marzo de 2020

EU QUÉDOME NA CASA.


Ola queridos alumn@s e profes. Que tal estades levando isto da corentena?. Seguro que algúns mellor ca outros. Non vos agobiedes. Este correo non é para enviarvos tarefas,  que seguro que teredes dabondo. Só para mandarvos un saúdo e que sigades  con ánimo e forza, xa que a corentena vaise alongar máis do previsto inicialmente, pero seguro que volveremos á normalidade máis pronto que tarde e con máis forza se cabe. Así que aproveitade para reforzar os contidos das materias, lede, xogade, compartide tempo coas vosas familias, pararvos un anaco a pensar, reflexionar ou simplemente aburrirvos que tamén e bo. Non temos que estar en activo todo o tempo.
Tamén sabedes que como coordinadora do Equipo de Dinamización Lingüística son a encargada de  editar a revista do cole e, pensando onte, dinme conta de que con este parón moitos dos nosos proxectos van quedar aparcados e, con elo, moitos contidos que soemos poñer na mesma. Así que, por si nos dá tempo a elaborala, comparto con vós a seguinte proposta.

A idea sería que, os que queirades e voluntariamente, fagades algunha das seguintes propostas:
1.      Redactar unhas cantas liñas sobre como estades levando o voso confinamento por mor do coronavirus:  a vosa experiencia persoal, reflexións positivas, o que vos transmite a información que vos chega, o diario dun día de confinamento, que aprendín a facer, a ausencia dos compañeiros, o que máis vos está costando levar....

2.      Sacar unha foto do voso día a día. Seguro que haberá instantáneas e momentos  dabondo como para facer un collage para a revista coas vosas actividades, que seguro serán de tódolos tipos: momentos de estudo, de relax, preparando material, simpáticos, xogando, aplaudindo as 8 da tarde, facendo o parvo, practicando os exercicios de jinasia  (ja,ja,ja) que mandou Carlos por vídeo ou calquera outra cousa que vos apeteza plasmar.  Si queredes gravar un pequeno vídeo tamén podedes facelo.

Calquera das propostas podedes mandalas ao meu correo yolick@cpiares.com  e servirán para encher de contido a revista deste curso, se finalmente podemos chegar a facela, e se non, quedará para o próximo.
Bueno  un saúdo para todxs, que sigades  con ánimo e forza e se tedes algunha consulta que facer non dubidedes en poñervos en contacto conmigo.
Saudiños a todxs e ás vosas familias. Moita forza e....vémonos pronto!!!!

viernes, 20 de marzo de 2020

O CPI AS MIRANDAS CLASIFICADO NO RALLY CIENTÍFICO E MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS.

Temos unha gran noticia que contarvos que, de seguro, alegraravos nestes momentos difíciles. Un grupo de 1º de ESO do noso centro o CPI As Mirandas, dirixido pola profe Cristina Sande, clasificouse entre os tres mellores de Galicia para a final galega do Rally Científico Matemático organizado por Igaciencia.
Este grupo o compoñen: Luís Terradillos, Aroa Vidal, Álvaro Castro, Antía Marcos, Daniel Varela, Daniel Rodríguez, Ismael Souto e Yaiza Lestón. Parabéns a todxs!!!.
Tamén queremos  felicitar a todo o alumnado de 1º de ESO pola participación tan motivadora que tiveron nas probas do rally, a súa profe Cristina Sande e a todos aqueles que están aí sempre axudando.
E por último, transmitirvos unha mensaxe de ánimo e esperanza, nestes momentos de encerro nas vosas casas, e o desexo de que pronto poidamos celebrar este triunfo e moitos máis que de seguro virán da man desta gran comunidade educativa.

                 Ánimo e forza!!


lunes, 9 de marzo de 2020

ACTO DE RÚA POLO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. CPI AS MIRANDAS. CIM DE ARES


Dentro dos actos que se están a levar a termo co gallo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o CPI As Mirandas  xunto co Concello de Ares a través do Centro de Información á Muller –CIM- e a Concellaría de Igualdade, realizou hoxe unha marcha polas rúas da vila como concienciación e visibilización das enormes diferenzas que existen aínda nos dereitos de mulleres e homes. Na marcha participaron  o alumnado da ESO xunto coas súas profesoras e profesores así como as asociacións de mulleres do municipio, Concepción Arenal e Amas de Casa, ANPA e representantes do Concello.
O acto foi presentado polo  Director do CIM José Luís Castro Feijoo e rematou coa lectura de manifestos por parte do alumnado do centro, da presidenta da asociación de mulleres Concepción Arenal Fina Bardanca e da concelleira de Benestar e Igualdade Mª Victoria Montenegro.
Como dixeron Marcela e Hugo no seu manifesto... “A igualdade é unha necesidade vital da alma humana. A mesma cantidade de respecto e atención débese a todo ser humano, porque o ser humano non ten grados”.

Vídeo do Acto

jueves, 5 de marzo de 2020

MARCHA POLA RÚA NO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. CPI AS MIRANDAS. CIM


Co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller o CPI AS MIRANDAS xunto co CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER DE ARES (CIM) organizan o luns 9,  ás 13 horas, unha marcha polas rúas de Ares á que estades todos convidados.

ITINERARIO: 1 km. Aprox.
  • Saída do CPI As Mirandas ás 13:00 horas
  • Rúa Celso Emilio Ferreiro
  • Avda. de Mugardos
  • Avda. Saavedra Meneses
  • Rúa da Paz
  • Rúa Real
  • Praza da Constitución. (Fin da marcha coa lectura do manifesto no Palco)


Colaboran e participan:  Asociación de Mulleres de Ares. Asociacións Culturais e Deportivas. Gabinete de Orientación do CPI As Mirandas. Alumnado de ESO. Policia Local de Ares. Protección Civil de Ares. Técnico Informático do Concello.

Organizan:  CPI As Mirandas e CIM de Ares

martes, 3 de marzo de 2020

OBRADOIRO SOBRE OS RELOXOS DE SOL.



Onte, luns 2 de marzo, tivemos a visita de Lorenzo Capllonch Blanco e Celsa Formoso, dúas persoas afeccionadas ao coñecemento dos reloxos de sol e que viñeron a darnos un pequeno Obradoiro sobre como facelos.
Lorenzo Capllonch Blanco é avogado e arquitecto Técnico, natural de  Felanix (Mallorca).   Goza dos veráns na súa casa de  Seselle onde nunha das súas paredes pode verse un fermoso reloxo de meridiana. 
A nosa amiga e xa colaboradora asidua, Celsa Formoso Martínez, é natural de Ferrol, bióloga e profesora xubilada, afincada en Ares , e tamén ten un magnífico reloxo de sol nunha das paredes da súa casa.

Lorenzo Capllonch, sempre foi un estudoso da Astronomía. Os seus coñecementos levárono a crear un software para o cálculo dos movementos dos distintos astros  e  unha aplicación para a realización de reloxos de Sol horizontais e verticais.
Durante o obradoiro comezaron  cunha introdución ao manexo do programa de cálculo para a realización de reloxos de Sol Vertical. De feito, o noso centro contará cun reloxo de sol nunha das súas fachadas grazas a Lorenzo que, ademais, altruistamente, cedeu ao noso centro o programa para que alumnado e profesorado podan facer uso del.
Como todos sabemos, desde sempre, o home intentou medir o tempo, observando o firmamento, comprobando os cambios cíclicos, as estacións, as sombras…Os reloxos de Sol son unha suma de saberes:  é necesario coñecer os movementos do Sol e a Terra, o que implica coñecementos de astronomía; para as medidas das sombras e os ángulos,  necesítanse cálculos matemáticos e moita xeometría; para os lemas, xeralmente en latín, se demostran coñecementos en  linguas clásicas e soen indicar unha “filosofía” sobre o paso do tempo; o soporte sobre o que se plasma o reloxo  axúdanos a coñecer diferentes rochas. Son pois un legado cultural de gran valor.

No ano 2009, colocouse en Ares o reloxo de Sol da Igrexa e, xa daquela, os meus alumnos/as,  realizaron unha didáctica e instrutiva experiencia no colexio que podedes lembrar premendo neste enlace:

Por outra banda, Celsa Formoso propúxonos unha serie de actividades axeitadas para cada nivel educativo coas cales poderemos achegar ao noso alumnado coñecementos sobre as formas de medir o tempo, os movementos da terra, os reloxos de sol, a astronomía..
 Ela anímanos a que realicemos algunha destas actividades  co noso alumnado e así facer unha recompilación das mesmas que serán recollidas nun cartafol.
O obxectivo é a  construción dun reloxo de Sol para o noso centro e que todos participemos na súa creación.



Por último transcribo unhas palabras de Celsa sobre a xornada:

Hemos pasado una estupenda tarde, acompañada por un grupo de 11 profesoras super interesadas y motivadas.  Os animamos a construir vuestros propios relojes solares. Ya tenéis el programa para realizar los cálculos y nos tenéis también a vuestra disposición. Esperamos  que esta propuesta  sirva para profundizar en el conocimiento de las ciencias.
 Agradecemos el “ bolígrafo tecnológico” que nos ha regalado el centro. Lo usaremos.
              
 Para localizarnos: lorenzoc@ mundo-r.com   y celsaformoso12@gmail.com


                 Muchas gracias