miércoles, 7 de marzo de 2012

O xoves 8 de marzo celebramos o Día dos Dereitos das Mulleres


A que soa o de muller traballadora?
Non pensades que é un adxectivo absurdo, cando se aplica á muller?
As mulleres son todas traballadoras e como sabemos cunha carga laboral que supera as veces amplamente á dos homes en moitos aspectos.
A única maneira de chegar a unha igualdade entre homes e mulleres, recollida en numerosas constitucións do mundo é, desde a educación , unha educación en valores, igualitaria e non sexista.
A educación na igualdade, a información veraz e a xustiza social permitirán que nos desenvolvamos como persoas libres; libres para sentir, pensar e actuar por nós mesmos, sen o sometemento duns sobre outros.
Non podemos deixar este 8 de marzo  sen mostrar o noso máis absoluto rexeitamento á violencia que causa tantas mortes de mulleres, pola súa condición de tales. Este “terrorismo afectivo” derivado dos conceptos patriarcales de posesión, podería combaterse cunha coeducación efectiva familia-escola encamiñada á consideración de todas as persoas por igual, sen distinción de sexos.
A educación na igualdade, a información veraz e a xustiza social permitirán que nos desenvolvamos como persoas libres; libres para sentir, pensar e actuar por nós mesmos, sen o sometemento duns sobre outros.

8 comentarios:

  1. Las mujeres debemos tener el mismo respecto en el trabajo como los hombres .
    Las mujeres tenemos el mismo derecho a trabajar igual que los hombres , no por ser mujeres no debemos de trabajar ni debemos trabajar menos y aun encima con un sueldo mas bajo trabajando mas.
    Puede que no debamos tener un día pero nos lo merecemos

    ResponderEliminar
  2. pareceme moi ben que se celebre este día porque as mulleres temos os mismos dereitos que os homes e moitas veces a xente non o valora sobre todo os homes.

    ResponderEliminar
  3. Gústame moito esta entrada porque penso que as mulleres debemos ter os mesmos dereitos que os homes.

    ResponderEliminar
  4. A min paréceme moi ben que haxa un día para as mulleres xa que temos os mesmos dereitos ca os homes, e debemos ser tratadas iguais. Fai non moito tempo que as mulleres eran tratadas como escravas, e hoxe en día tamén é así nalgúns países.

    ResponderEliminar
  5. Ola,eu son unha alumna de este centro.A muller traballadora soname que as mulleres,rapazas..traballan máis ca os homes,porque os homes son moito máis vagos sobre todo para as tareas do hogar pero hai algúns que non.Os homes tanto como as mulleres temos o mesmo dereito a traballar nada de discriminar porque sean baixas,negras,brancas,altas,ou de outro tipo de relixión etc....
    TEMOS O MESMO DEREITO.

    ResponderEliminar
  6. Me parece moi ben que hoxe sea o día das mulleres xa que fai uns anos non tiñan os mesmo dereitos, hoxe xa todos podemos traballar e facer o mesmo ca os homes.

    ResponderEliminar
  7. Este dia é un dia moi especial por que se fai un homenaxe a todas as mulleres . As mulleres estamos capacitadas para todos os traballos
    vero 4º diver

    ResponderEliminar