O ALUMNADO DO CPI AS MIRANDAS ADÉNTRASE NAS
PARTICULARIDADES DO OURIZO DE MAR
➡️ Da man da
Confraría de Pescadores de Barallobre, mozos e mozas de sexto de primaria do
CPI As Mirandas descubriron onte no Centro Cultural Outeiro de Chanteiro a
riqueza mariña do ourizo de mar, un produto que amosa a gran biodiversidade do
Océano Atlántico.
➡️ O Concello de
Ares vén de impulsar esta charla divulgativa inscrita dentro do proxecto ‘O
ourizo de mar, un tesouro posto en valor onde o Atlántico goza’, que inclúe
dende estas sesións a escolares impartidas por profesionais do mundo mariñeiro
como outras iniciativas de preparación e tratamento do propio ourizo, con
showcookings e degustacións, ou a exaltación popular deste produto, sempre co
obxectivo de dalo a coñecer e contextualizar o seu valor.
➡️ Nesta charla no
Centro cultural outeiro, o alumnado aprendeu como é o proceso de extracción do
ourizo, amais de ver in situ varios exemplares de diferente tamaño, recoñecendo
así a súa m morfoloxía e as partes que se preparan despois para degustalas, como
acontece na celebración de exaltación anual do Ourizo que se organiza en
Chanteiro.
➡️ Desta maneira, non só se dá a coñecer o
ourizo de mar no eido territorial do Golfo Ártabro, senón que se promociona a
cultura mariñeira e a actividade pesqueira de Ares, fomentando os produtos da
zona e o consumo local.
➡️ Proximamente, o
Concello organizará unha segunda charla divulgativa no marco desta iniciativa
para os e as escolares o vindeiro 🗓️ 15 de
novembro e repartirá entre a veciñanza en xeral un díptico con información
sobre o ourizo de mar.
🔷 O
proxecto ‘O ourizo de mar, un tesouro posto en valor onde o Atlántico goza’,
conta co apoio económico da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, o GALP
GOLFO Artabro NORTE e fondos da Unión Europea.
#ConcellodeAres #ConcellariadeCultura Ares
#GALPGolfoArtabroNorte #ConselleriadoMar #XuntadeGalicia #OurizodeMarAres
#CentroCulturalOuteiroChanteiro
https://concellodeares.gal/estudantado-do-cpi-as.../
No hay comentarios:
Publicar un comentario