Un ano máis, chega a primeira festa do curso, unha festa que nos atrapa a todos polo misterio e a fantasía que a acompañan: O Samaín!!! . Esta festividade marca o final do verán e o inicio do inverno.
Este ano, o CPI As Mirandas transformouse nun verdadeiro
labirinto de pesadelos e fantasía, con motivo do concurso de decoración de
portas terroríficas e das sorprendentes decoracións que ornamentaron cada recuncho
do centro e que non deixaron indiferente a ninguén exhibindo a súa creatividade.
Non faltaron as cabazas, os debuxos terroríficos,
os arrepiantes sons gravados polo alumnado de ESO e os disfraces para ambientar a celebración neste
espírito festivo. Unha xornada repleta
de maxia, risas e un toque de medo.
Aproveitamos tamén esta ocasión para entregar
os diplomas do concurso de "Decoración de portas de Samaín".
No hay comentarios:
Publicar un comentario