Hoxe vivimos unha xornada moi especial nas clases de 1º e 2º de Primaria.
Tivemos a inmensa fortuna de recibir a visita de Miguel e Jara, expertos
de DisfRutas Ortegal, que trouxeron a maxia da fauna e a flora
directamente á nosa escola.
Durante o obradoiro, o alumnado converteuse en
auténticos rastrexadores. Foi unha mañá chea de descubrimentos onde puideron
tocar, observar e analiza:
·
🐾 Diferentes pegadas
de animais.
·
🔍 Análise de excrementos
para entender a alimentación da fauna.
·
🦅 Observación detallada
de ás, cráneos e cornas.
Grazas á sabedoría e paixón que Miguel e Jara
transmitiron, levamos connosco un milleiro de novas aprendizaxes sobre a nosa
contorna. A mañá pasou voando e quedamos con ganas de máis.
Moitas grazas a DisfRutas Ortegal por esta experiencia
tan enriquecedora!

.jpeg)
.jpeg)

No hay comentarios:
Publicar un comentario