O luns 18 de novembro, o alumnado de 2º de ESO tivo a oportunidade de gozar dunha xornada de convivencia en Redes, unha paraxe natural chea de beleza que nos ofreceu un respiro do axetreo cotián. A aventura comezou cunha camiñata enérxica cara a Redes mentres nos adentrabamos na natureza.
Unha vez chegamos ao noso destino, a Agrupación Instructiva de Caamouco, organizámonos en dúas quendas. Mentres un grupo realizaba xogos cooperativos o outro participaba nun emocionante escape room no que a tensión e a emoción apoderáronse do grupo mentres trataban de resolver os enigmas e atopar a saída.
Foi unha actividade que fomentou o traballo en equipo e a colaboración, ademais de divertirnos moitísimo.
Despois da adrenalina do escape room e os xogos cooperativos chegou o momento de repoñer forzas. Cada un de nós levamos a nosa propia comida, e sentámonos todos xuntos para gozar dun magnífico xantar ao aire libre.
Para finalizar a xornada, decidimos regresar pola praia. Camiñamos ao longo da beira do mar gozando da brisa mariña, un peche perfecto para un día repleto de actividades.
En resumo, esta saída a Redes foi unha experiencia enriquecedora que nos permitiu gozar da natureza e fomentar a cooperación entre todos e todas.
Queremos dar as grazas aos monitores Brais e Juani e á GUAGUA pola organización da actividade e á agrupación Instructiva de Caamouco por prestarnos as súas instalacións para a realización das mesmas.
Aquí tendes un pequeno vídeo resumo da xornada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario