viernes, 8 de noviembre de 2024

O ALUMNADO DE 2º DE ESO DO CPI AS MIRANDAS PREMIADO NO IV CONCURSO CIBERSEGURIDADE NO COLE!

 

Un equipo de alumnos dos centros de secundaria CPI As Mirandas de Ares, IES Valle-Inclán de Pontevedra e IES Rosais II de Vigo resultaron gañadores da IV Edición de Ciberseguridade no cole!, mentres que na categoría de primaria gañaron os colexios CPR San Pío X de Ourense, CEIP Cabanas (Salcedo, Pontevedra) e Sek Atlántico International School de Poio.

A final e a entrega de premios celebráronse este xoves en Santiago coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a participación do director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia -AMTEGA-, Julián Cerviño, e o director do Territorio Norte de Telefónica, Manuel Ángel Alonso.

O obxectivo  do concurso   é fomentar a concienciación en materia de ciberseguridade no ámbito escolar, e facilitar que os escolares adquiran os coñecementos e as ferramentas necesarias para facer fronte aos riscos que entraña o uso dos medios dixitais.

No transcurso do acto destacouse o crecemento sostido da participación, edición tras edición, tanto de colexios como de alumnos. Este ano, na fase de clasificación en liña, que se celebrou o pasado 15 de outubro, participaron uns 7.500 alumnos de toda Galicia, pertencentes a 270 clases de 121 colexios.

Parabéns ao alumnado e profes de 2º de ESO!




No hay comentarios:

Publicar un comentario