O Concello desprega a campaña ‘Senta con nós’,
unha recollida de botellas de auga e tapóns para involucrar á comunidade
educativa de Ares na sensibilización medioambiental
♻️ O concello de
Ares e o CPI As Mirandas impulsan esta iniciativa que, aproveitando o plástico
recollido, permitirá fabricar un banco e unha papeleira de material reciclado a
instalar no propio centro escolar grazas á contribución da rapazada.
🚮
Estableceuse un punto único para a recollida no CPI As Mirandas e xa se están a
repartir máis de 450 marcapáxinas a modo de flyers entre estudantado e
veciñanza contextualizando a campaña.
🔷 ‘Recicla
hoxe, séntate mañá’: así é o eslogan detrás da nova campaña do Concello de Ares
que se desenvolverá nos próximos meses no CPI As Mirandas e que veñen de
presentar esta mesma mañá Lucía Blanco, edila de Medioambiente, e Tino Seco,
director do colexio aresán, nas propias instalacións educativas.
🔷 Baixo o
nome ‘Senta con nós’, a rapazada poderá entregar as botellas de auga e tapóns
no punto único instalado no centro educativo para que, tras a súa recollida,
poidan transformarse nun banco e papeleiras feitas co material reciclado.
🔷 O propio
lema da campaña, co seu Recicla hoxe, séntate mañá, alude á divulgación dunhas
pautas ecolóxicas básicas, pois unha acción no presente ten un impacto a
medio-longo prazo no futuro en termos medioambientais, aínda que non o vexamos
fisicamente no momento.
🔷 Nesta
ocasión, o esforzo na reciclaxe da rapazada terá unha consecuencia na súa
contorna, sentíndose parte directa e responsable da materialización dos futuros
banco e papeleira, mais tamén da creación dun Ares máis sostible.
🔷 A maiores
da recollida de botellas, a campaña Senta con nós inclúe material promocional,
dende cartelería a máis de 450 marcapáxinas que incorporan a información da
iniciativa de carácter medioambiental, repartida entre os e as estudantes do
CPI As Mirandas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario