No colexio das Mirandas, queremos render unha homenaxe moi especial a Rosalía de Castro, a nosa poetisa máis universal. Para conmemorar a súa data, o 23 de febreiro, realizamos unha actividade creativa na que os alumnos e alumnas tivemos a oportunidade de escribir letras inspiradas nela.
O máis emocionante foi que, coa axuda da intelixencia artificial, as nosas letras cobraron vida e convertéronse en fermosas cancións. Foi unha experiencia máxica ver como as nosas palabras se transformaban en cancións, permitindo que a esencia da poesía de Rosalía resoase de novas maneiras e diferentes estilos musicais.
A actividade non só nos permitiu render tributo a esta gran figura da literatura galega, senón que tamén fomentou a nosa creatividade. Sentímonos moi orgullosos de poder compartir as nosas composicións e celebrar a riqueza da nosa lingua e cultura. Sen dúbida é un xeito de conectar co legado de Rosalía de Castro!
No hay comentarios:
Publicar un comentario