lunes, 24 de marzo de 2025

O NOSO REDES: MAR E TRADICIÓN.

 Hoxe queremos compartir con todos vós un pequeno recuncho cheo de encanto que forma parte do noso querido concello de Ares: Redes! 

Como ben sabedes, pertence á parroquia de Camouco e é un lugar que merece a pena explorar.

Redes é unha vila mariñeira onde perderse polas súas rúas é a mellor maneira de descubrir a súa esencia. As casas, co seu colorido e estilo únicos, están profundamente ligadas ao mar e á historia da emigración. Ao camiñar polas súas construcións pegadas á auga, un non pode evitar sentirse atraído polo magnífico colorido das fachadas e a beleza do porto. Todo en Redes forma un conxunto harmonioso que convida a ser visitado.

Un aspecto interesante é a orixe do seu nome. Na praia de Redes, fronte ás fachadas, pódense ver altos postes de madeira unidos por unha peza transversal, coñecidos como «cabrias». Estas sinxelas construcións non só son un símbolo do pobo, senón que tamén nos contan a historia de como se colgaban as redes de pesca para o seu secado.

Para  profundizar na cultura de Redes, deixámosvos dous vídeos moi interesantes: “Lembranzas vivas do redes dos nosos devanceiros” e un documental sobre as tradicións mariñeiras do Porto de Redes e a Festa dá Cabria, organizada pola Agrupación Instrutiva de Camouco.

Un agradecemento especial a Ernesto López Naveiras e á Agrupación Instrutiva de Camouco pola súa valiosa contribución e polo traballo de divulgación que están a realizar. Non vos perdades a oportunidade de achegarvos a Redes e gozar da súa maxia!




No hay comentarios:

Publicar un comentario