Este ano conmemoramos o Día de Rosalía de Castro cun acto cheo de emoción e homenaxe á nosa gran poeta. Os rapaces e rapazas de 1º de ESO foron os encargados de presentar esta celebración, que comezou cunha pequena alborada que nos transportou á esencia da obra de Rosalía.
A iniciativa principal do acto estivo inspirada no famoso poema “Miña casiña, meu lar”, onde a poeta nos fala da importancia do fogar e da vida cotiá, así como da arte de preparar un caldo humilde, símbolo da supervivencia e da tradición.
Sofía, alumna de 4º de ESO,
xunto a Oliver, o noso profesor de música, ofreceron unha interpretación
conmovedora deste poema, que deixou a todos os asistentes gratamente
sorprendidos. A voz de Sofía e a música
crearon un ambiente máxico que nos fixo sentir a profundidade das palabras de
Rosalía.
Despois da interpretación, a nosa mini banda deleitounos
cun pequeno concerto. As melodías que interpretaron foron un verdadeiro
agasallo para os oídos, e todos os presentes non puideron evitar deixarse levar
pola música.
Para rematar o acto, todos os asistentes
tiveron a oportunidade de degustar un delicioso caldo, que, como ben dicía
Rosalía, nos soubo a gloria. Este momento de compartir e gozar xuntos foi a
guinda do pastel a unha celebración que nos recordou a importancia da nosa
cultura e das nosas raíces.
Agradecemos a todos e todas as que
participaron e fixeron posible este acto tan significativo.
-As cociñeiras do cole por prepararnos ese caldo de gloria tan rico.
-Ao noso bedel Alberto, que sempre pon ao noso
servizo ese don de debuxante que posúe e nos axuda na elaboración dos nosos
murais.
-A toda a rapazada, profesorado e dirección do centro pola súa implicación.
¡Viva Rosalía!
Aquí vos deixamos un vídeo resumo do acto
No hay comentarios:
Publicar un comentario