No marco da celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se celebra cada ano o 11 de febreiro, achegámosvos un enlace do Centro Singular de Investigación de Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS) onde presenta dúas plataformas dedicadas a promover a visibilidade das mulleres no ámbito da ciencia e da tecnoloxía, así como a impulsar o acceso das nenas máis novas a ambos campos:
- A web "A informática e a vida"
explora a historia da informática desde unha perspectiva igualitaria e de
enfoque de xénero, poñendo en valor as aportacións de mulleres pioneiras no
campo da computación. Nesta plataforma ofrécese un total de dez actividades
para realizar nas aulas enfocadas a centros de educación primaria e secundaria.
https://tec.citius.usc.es/ainformaticaeavida/
- A páxina "O uso do xogo e a arte
para educar na enxeñaría desde a infancia" ofrece actividades
interactivas e recursos educativos audiovisuais para fomentar o interese de
nenas e nenos na ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas (STEM).
Estas actividades están dirixidas a
centros de educación infantil e primaria.
https://obradoiro-11f.pages.citius.gal/
No hay comentarios:
Publicar un comentario