Os alumnos de Segundo de ESO saímos de excursión o luns 29 para visitar Compostela. O programa incluía unha visita ás cubertas da Catedral, percorrido polo exterior e interior do magnífico edificio e despois tiñamos unha actividade sorpresa.
A visita ás cubertas foi moi espectacular polas fantásticas vistas da cidade e moi didáctica polas explicacións da nosa guía que o sabía todo sobre historias de arcebispos e construtores de catedrais. As 130 escaleiras non nos pareceron tantas e, despois dunha hora de percorrido, por fin rematou a misa e puidemos visitar o interior. Os rapaces querían visitar as reliquias que uns pensaban de Santiago e outros de Prisciliano. Percorremos o interior, sobre todo vendo as capelas da ábsida e a Capela da Corticela. Con isto e a visita polas fachadas exteriores, rematamos a parte da Catedral e comeza a actividade sorpresa.
Os rapaces, divididos en grupos aleatorios, tiñan que buscar diferentes lugares no casco antigo de Compostela. Axudados pola tecnoloxía e pola nosa compañeira Vanesa, que lles preparou unha aplicación de móbil onde, nun plano da cidade, se marcaban diferentes puntos que tiñan que atopar e dentro de cada punto información e pistas sobre o que buscaban, os rapaces partiron cara a aventura.
Tiñan que localizar once puntos da cidade e, en cada un, facer un selfi onde saíran todos os integrantes do grupo. Namentres as profesoras fomos indo dun punto a outro vendo como os diferentes grupos se apañaban entre o móbil, o plano e as preguntas que lles ían facendo aos turistas e composteláns.
EQUIPO GAÑADOR
Fixérono de marabilla e todos eles puxeron moito empeño na tarefa, de maneira que nos pareceu un xeito divertido de aprender un montón sobre Compostela e de cooperar en grupo, porque todos os grupos traballaron moi ben xuntos, e tamén un bo exercicio de orientación sobre o plano. Rematamos cansos e chegou a hora de xantar, aínda que case todos comeran xa algo durante a busca. Tiñan diferentes opcións, algúns levaron a comida e xantaron na Alameda onde tiñan un lugar estupendo e o día nos acompañou; outros optaron polo equilibrado menú do Burguer King ou unha Pizza. Todos comemos a presa porque o tempo fíxose pouco e xa tocaba volver a casa . Ás profesoras o resultado pareceunos moi positivo, os rapaces tiveron un estupendo comportamento, aprenderon un montón de cousas sobre Compostela e ademais pasaron un día moi divertido todos xuntos.
MAPA ITINERARIO DO XOGO
No hay comentarios:
Publicar un comentario