Os alumnos e
alumnas de 2º de E.P. fixeron un "
Canto de Cego " con zanfona incluída grazas a Emilio Mesías.Esta
actividade está enmarcada dentro do proxecto de aula sobre a Idade Media titulado " Quen fomos, Quen somos e Quen seremos " que están a levar a termo
os nenos e nenas deste ciclo.
QUE ERAN OS CANTOS DE CEGO
Os "Cantos de cego" ou "Romances de
cordel" eran historias, baseadas en feitos reais manipulados, contadas ao
son dalgún instrumento musical (zanfona, violín...). A maioría das veces eran
contadas e cantadas por cegos ou lisiados, que ofrecían os libretos das súas
coplas.
A maioría das veces as cantaba o cego e había un axudante
vidente ou lazarillo, que ao finalizar as cancións vendía as coplas.
Nas Coplas de Cordel, a maioría das veces as vendía o autor e
ofrecíanse as súas follas colgadas nun cordel ou lenzo, atadas dunha árbore a
outro.
Os textos dos folletos eran simples e coloquiais, polo que
foron desprezados durante moito tempo, pero serviron de vehículo divulgador das
tradicións populares, da arte cotián e dos autores locais, axudando a manter a
identidade local e o folclore nacional. As Coplas de Cego, existen desde a
Idade Media, pero durante a primeira metade do Século XX acadaron un enorme
auxe e así cando chegaban os cegos ás poboacións, feiras ou festas, a xente
formaba roda en torno deles, esperando oír as súas coplas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario