Durante o curso 2016-2017 o
profesorado do CPI As Mirandas formou parte dun Plan de Formación (PFPP)
iniciado o pasado curso baseado no Traballo por proxectos a través da
Biblioteca, no que decidiuse elaborar un proxecto ao que denominamos: “Dende Ares cara ao mundo” . A idea
consiste no estudo de diferentes países, elixidos polo alumnado de cada curso
ou nivel educativo relacionado co alumnado estranxeiro que hai no centro.
O emprego de novas formas de aprendizaxe
integradas dentro do currículo escolar ten como resultado final a Primeira
Feira do CPI As Mirandas “Dende Ares cara ao mundo”.
Esta metodoloxía implica a
participación activa do alumnado que tivo que investigar, planificar, cooperar,
en definitiva, un novo xeito de aprender onde o alumnado é o protagonista da
súa propia aprendizaxe, contando co profesorado como guía no seu proceso e coa
colaboración tamén do persoal non docente do centro.
Unha primeira exposición deste proxecto tivo lugar en
febreiro co Desfile do Entroido :
O produto final será esta Feira que contará cos seguintes
STANDS e PAÍSES NO PAVILLÓN MUNICIPAL
- ARES– CONCELLERÍA DE CULTURA E ANPA
- ANTÁRTIDA–ESO
- AUSTRALIA– 1ºEP
- BRASIL– 4ºEP
- CHINA-3ºEP
- ISRAEL-RELIXIÓN
- XAPÓN-2º EPB
- MARROCOS– 5º E 6º EP
- PORTUGAL– 4ºEI
- REINO UNIDO 6º EI E 6º EP
- UCRAÍNA– 5º EI
- MÚSICAS DO MUNDO-ESO
- LÓVA/MAIL ART– 2ºEP- A
- BIBLIOTECA/ROBÓTICA
Esta Feira contará coa presencia do aresán Javier Cristobo,
Director do Centro Oceanogáfico de Gijón, experimentado investigador da
Antártida. Javier inaugurará a Feira e impartirá 2 charlas sobre o Continente
Antártico e as súas experiencias nel.
Tamén se expoñerán os traballos do PROXECTO LÓVA, proxecto
innovador neste centro cuxo obxectivo final
é a Creación duha Ópera como Veículo de Aprendizaxe, e o proxecto de
MailArt.
Dentro dos eventos que se levarán a termo durante todo o día
colaboraremos cunha Actividade solidaria #unhacuraparaAdri
Na caseta da Antártida haberá unha mesa na que por 1 €
poderás apadriñar un pingüín dunha das pingüineiras da Antártida.
Tamén no noso Photocall, terás a posibilidade de quitar unha
foto na que poderás elixir o lugar onde queres aparecer, dentro dos países
representados nas casetas. O importe da foto que será de 1€ tamén será doado á
causa #unhacuraparaAdri.
O horario será:
Mañá………..10:30- 14:30h.
(alumnado EI e EP do centro)
Tarde………..16:00-
18:30h. (alumnado ESO do centro e público en xeral.)
ACTIVIDADES PARALELAS AOS STANDS E OBRADOIROS:
Inauguración oficial da Feira coas
autoridades…………...........11:45h
Actuacións musicais do alumnado da ESO
........................ 11:00/ 13:00/ 17:00h
Actuación do alumnado de 6º de
Primaria............................11:30/ 13:30/17:30h
Actuacións dos alumnos de Ed. Infantil e 1º de Primaria.....
12:15h/14:00/18:00h
CONVIDAMOS E ANIMAMOS A TODOS A PARTICIPAR NESTE GRAN
EVENTO!
AGRADECEMOS A COLABORACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA EN XERAL, Á ANPA, AO CONCELLEIRO DE TURSIMO DE ARES, AO
CFR DE FERROL E ESPECIALMENTE A JAVIER CRISTOBO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario