Por segundo
ano consecutivo o noso centro está a
participar no programa «Fálame da
emigración», de Afundación (Fundación Galicia Obra Social), un encontro
interxeracional entre maiores e estudantes no que os voluntarios e alumnas e
alumnos dialogan sobre vivencias na emigración. Este proxecto ten tres obxectivos fundamentais: que
as persoas maiores transmitan os seus coñecementos e experiencia, que o noso
alumnado se beneficie do legado das persoas maiores e que a comunidade
educativa incorpore novas modalidades de aprendizaxe, favorecendo en todos os
casos o diálogo, a cooperación e o entendemento entre as distintas xeracións.
Este ano
tivemos con nós a Carmen, xa coñecida nosa por estar o curso pasado no
noso centro, a Ezequiel e a Carmiña, que compartiron con todos nós as súas experiencias
en Reino Unido, Canadá e Arxentina.
No primeiro
encontro que tivemos con eles contáronnos as súas experiencias
na emigración e dialogaron cos alumnos/as. Xa no segundo encontro, os mozos e
mozas de 2º ESO tras investigar sobre a historia das súas propias familias,
relataron tamén as súas relacións coa emigración e xuntos reflexionaron sobre
as diferentes motivacións para emigrar, as dificultades e os aspectos positivos
ou as diferenzas coa inmigración en Galicia.
Desde aquí queremos dar as grazas a todos eles pola súa
testemuña de vida e a Afundación por esta interesante proposta que achega aos
Centros de Ensino o valor da experiencia dos nosos maiores en diálogo cos
rapaces e rapazas de hoxe en día.
Neste vídeo podedes ver un extracto desta fantástica charla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario