Un ano mais está aquí o Entroido e coma sempre chega cos
seus mandados:
- O martes o mandado foi que pintáramos todos a cara, cada un como quixera.
- O Mércores 26, olvidámonos da pintura da cara e colocamos adornos na nosa vestimenta.
- O Xoves 27, imos poñer algo amarelo para pedir ao sol-solete que o venres non se olvide que imos desfilar polas rúas e queremos un bo día.
- O Venres 28 celebraremos a gran FESTA:
En INFANTIL e
PRIMARIA.
A festa comezará cun pasarrúas pola vila. Saída do colexio
aproximadamente ás 10:30h. continuando por:
- Avenida de Mugardos
- Rúa Real
- Praza da igrexa
- Avda Saavedra Meneses.
A continuación os nenos/as de Infantil regresarán ao colexio
e os de Primaria continuarán polas rúas.
As 12:15h, xa no colexio, os nenos/as degustarán doces
típicos do Entroido. Solicitamos a colaboración das familias para que cada
alumno traia un doce típico desta época do ano nun envase que se poida tirar
(papel, bolsa…) O colexio correrá cos gastos das bebidas. Todos os alumnos
recibirán un paquete de caramelos doados polo Concello.
No caso de que chovera
suspenderíase o pasarrúas pola vila e o desfile faríase na pista do
colexio (11:00h) ao que poderían asistir as familias
En SECUNDARIA
A partir das 11:20h.
comezará no Pabillón Polideportivo a exhibición de diferentes coreografías e bailes de disfraces.
Aproveitarase o
evento para entregar os premios da III Semana Problemática, organizada polo
Departamento de Matemáticas, aos gañadores de cada día.
A saída será á 13:30h (ás 13:25h en infantil). Non
haberá comedor.
FELIZ ENTROIDO A TODOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario