lunes, 17 de febrero de 2014

DEBATE DO PARLAMENTO XOVE

O 7 de febreiro tivo lugar o inicio da 5ª Edición dos DEBATES DO PARLAMENTO XOVE .
 O CPI Conde de Fenosa de Ares volveu participar nesta competición que organiza a Secretaria Xeral de Xuventude. Do mesmo xeito ca o ano anterior, un grupo de catro alumnos do segundo ciclo da ESO, Clara Morado, Alba Brage, Noelia Calvo e Carlos Bello, acodiron ao Pazo de Mariñán en Bergondo (A Coruña), onde se levou a cabo o torneo dialéctico. Nesta convocatoria o tema de discusión xirou sobre a perda de valores da xuventude, concretamente se se considera que sofren as novas xeracións un retroceso sexista e na tolerancia ás diferenzas persoais.
Durante a xornada do sábado levaronse a cabo as confrontacións, que permitiron seleccionar os dous equipos que disputarán un debate final no Parlamento de Galicia. O número total de grupos inscritos na presente edición a nivel de Galicia é de dezaseis. 
 Dende a Dirección agradecemos a colaboración do profesor, Xoan Barrio  e o traballo do alumnado nomeado anteriormente, desexándolles que queden seleccionados para a final e que disfruten como merecen da experiencia.


No hay comentarios:

Publicar un comentario